Esquerda Unida Compostela participou activamente na manifestación levada a cabo en Santiago contra a nova reforma laboral, portando faixa propia e repartindo entre os asistentes o seu manifesto.
Dende O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela manifestamos que o gran éxito de convocatoria das distintas mobilizacións realizadas a nivel estatal, galego e local, mostra claramento o errado desta reforma, inxusta e inxustificable, que o goberno do PP acaba de realizar.
Mais, se esta actitude hostil do Partido Popular non muda, a cidadanía, unida e organizada, debe proseguir e avanzar na loita mostrada este domingo 19 de febreiro, nas rúas e prazas de máis de cincuenta cidades, até lograr que a lexiva reforma laboral, feita acorde ós ditados neoliberais dos mercados, sexa derrogada e os dereitos da clase traballadora, que non ten culpa da crise capitalista que padecemos, sexan recuperados.
Por todo isto dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela ratificamos, unha vez máis, o compromiso desta organización na defensa dos dereitos de todos os traballadores e traballadoras, mantendo firme o seu convencimento da necesidade de mudar este sistema depredador de recursos naturais e humanos, apoiando as distintas actuacións que se leven a cabo para conseguir derrubar esta reforma laboral neoliberal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario