lunes, 10 de mayo de 2010

Asemblea Foro Galego de Inmigración


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Santiago, 10 de Maio de 2010

Convocatoria Final da V ASEMBLEA GALEGA DE INMIGRACIÓN E EMIGRACIÓN DE RETORNO

Día: Domingo 30 de Maio de 2010

LUGAR: CEIP e Campus de Esteiro en Ferrol (Avda de Vigo s/n CP 15403) entre as
10:00-19:00H

TEMA: REPENSANDO A NOSA PRÁCTICA ASOCIATIVA(VER TRÍPTICO CON EXPLICACIÓN DO CONTIDO
DA ASEMBLEA)

Aberta a participación de calquera persoa e entidade interesada despois de cubrir e
mandar, se podedes, as inscricións individuais no tríptico ou grupais na folla de
inscrición.

Programa:
10:00-10:30 H: Benvida/Bienvenida

10:30 H-12:45H: Traballo por Grupos/Trabajo por Grupos

12:45H: Descanso e preparación da marcha para o acto público/Descanso y preparación
de la marcha para el acto público

13:00H-13:15H: Marcha e Acto Público/ Marcha y Acto Público

14:30H: Xantar/Comida (Hai que traer a comida para compartila- hay que traer la
comida para compartirla)

16:00H: Plenario e Posta en Común do Traballo por grupos/ Plenario y Puesta en Común
del Trabajo por Grupos.

17:00H: Festival Intercultural

19:00H: Remate da Asemblea/ Final de la Asamblea

Haberá Servizo de Gardería durante a celebración da Asemblea e recordade que, nesta
ocasión, hai que levar a comida para compartila.

Autobuses gratuitos para persoas interesadas:
Santiago:Contactar con Miguel(Cáritas) ou Rocio (CasaLatinoamerican a) (981-576142
662-307019 -981-580506- 600-876480)
Vigo:Manolo Sordo (GAPE) 986-213453 e Hortance (Aida) 606-986031.
A Coruña: Miriam Pantoja (Amespa): 669-305907- Nicanor (Propolis):698- 137876
Ourense: Silvia (Galicia Terra de Acollida):637- 853105 e Sonia (Asociación de
Venezolanos) :687-575532
Tamén: Email:foroinmigracionsant iago@yahoo. es
Grupos ou persoas interesados/ as en participar con actuacións para o Festival
Intercultural Contactar con: Miguel(Cáritas) ou Rocio(Casa Latinoamericana)
(981-576142- 662307019- 981-580506-600- 876480)
Tamén: Email:foroinmigraci onsantiago@ yahoo.es

Para calquer suxerencia, aportación, pregunta:
Pódese contactar en cada zona coas persoas indicadas nos grupos anteriores.
En Ferrol sede da Asemblea, persoas de contacto: Silvia 687-941036 e
Mónica:670-066852

O prazo para realizar as inscricións remata o día 20 de Maio, aínda que se poden
mandar despois se non vos da tempo. É moi importante que as persoas interesadas en
participar se inscriban con anterioridade para organizar o traballo por grupos.

sábado, 8 de mayo de 2010

Defensa servizos sociais

Dende o consello comarcal de Esquerda Unida queremos facernos eco do seguinte comunicado de prensa da Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais.


COMUNICADO DE PRENSA

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO GALEGO DE SERVIZOS SOCIAIS
composta por 94 entidades de diversa índole: 36 concellos; 46 entidades sociais, dende asociacións e federacións veciñais, asociacións e federacións do ámbito da dependencia e falla de autonomía persoal, do ámbito da exclusión social e tamén do ámbito sociosanitario; e outras 12 entidades entre colexios profesionais, sindicatos e partidos políticos. Ademais de máis de 450 persoas individualmente, que se distribúen de xeito semellante entre profesionais dos servizos sociais e veciñanza en xeral, convoca unha Rolda de Prensa Informativa o martes día 11 de Maio ás 11:00 h. no Rexisto Xeral da Xunta en San Caetano con motivo da presentación pública da solicitude de entrevista de representantes desta Plataforma coa Conselleira de Traballo e Benestar, Dna Beatriz Mato, co fin de presentarlle o documento-base desta Plataforma que basicamente reivindica o desenvolvemento normativo da Lei de Servizos Sociais de Galiza en vigor dende o mes de marzo de 2009 e que presenta neste momento un elevadísimo grao de incumprimento respecto aos prazos que establece a propia Norma. (Xuntamos o documento-base, que explícita eses incumprimentos)
O motivo da presentación pública deste Acto, no que participará á Comisión de Coordenación da citada Plataforma, é que con anterioridade fíxose a mesma solicitude, concretamente con data 3 de marzo de 2010, e despois de moito tempo de espera, a resposta foi unha esixencia inquisitorial de indicar o nome de tódolos compoñentes da Plataforma, para valorar a posibilidade de recibirnos.
Independentemente das sospeitas de control sobre entidades e persoas individuais que poden doadamente deducirse de tal solicitude, queremos denunciar con este Acto Público a intolerable actitude dunha representante da Administración Pública Galega do máximo nivel para coas demandas e iniciativas dun grupo importante de entidades e de cidadáns e cidadás de Galiza.
Máis ala desta actitude, faremos público o noso compromiso co desenvolvemento da citada Lei e a nosa oposición razoada e razoable aos procesos de privatización de servizos sociais públicos que se están a producir neste momento, o que suporá unha notable diminución da calidade dos mesmos, mantendo polo tanto o noso interese en ter a xuntanza solicitada coa responsable das políticas de emprego e benestar social da Xunta de Galicia, para presentarlle as nosas propostas e demandas.
Para máis información: Miguel Fernández (662-307019) e Xosé López(686-506858) enderezo electrónico: defensa.servizossociais.publicos@gmail.com

lunes, 3 de mayo de 2010

1º de maio

Esquerda Unida Compostela movilizouse o 1º de maio asistindo a concentración realizada na praza de Cervantes


EU concentrouse para pedir o goberno un cambio na súa política, pola defensa do emprego, pola proteción efectiva en caso de de paro, en apoio á economía produtiva e en defensa dos dereitos de todos os traballadores e traballadoras.

Esquerda Unida Compostela mantemos, máis firme se cabe, a nosa loita en prol da xustiza social, esixindo unha vez máis que non sexan os traballadores e traballadoras da nosa terra os que paguen, con recortes nos seus dereitos, esta crise xerada pola especulación duns poucos.


VIVA O 1º DE MAIO

martes, 20 de abril de 2010

Xuntanza coa AVV da Almáciga

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REUNIUSE COA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS FRANSCISCO ASOREI DA ALMÁCIGA .

XABIER RON, O COORDINADOR COMARCAL, PRESENTOU AS ÚLTIMAS INICIATIVAS DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA E ESCOITOU AS REIVINDICACIÓNS DOS VECIÑOS .

3 ANOS DESPOIS DAS MUNICIPAIS DO 2007 O BARRIO SEGUE IGUAL DE MAL, A EXPENSAS DO PLAN URBANA NORTE .


Esquerda Unida Compostela, representada por Xabier Ron, coordinador comarcal, e José Díaz, membro do consello comarcal e responsable da área de emprego de Esquerda Unida Compostela, mantivo unha xuntanza coa nova Directiva da Asociación Francisco Asorei do barrio da Almáciga, presidida por Santiago Martínez.

O encontro permitiu comprobar o sentir da directiva no tocante ao estado do barrio tres anos despois das municipais do 2007. E, realmente, cabe dicir que as cousas pouco cambiaron no barrio. A directiva queixouse de que sempre se trata de promesas incumpridas desde hai moitos anos. De forma explícita, a directiva cualificou este tempo como “un cúmulo de despropósitos”. A opinión compartida pola Asociación Francisco Asorei e por Esquerda Unida Compostela é que fica todo a expensas do Plan Urbana Norte, do que aínda se está na fase de selección de persoal, dando a impresión de que se demorou todo por motivos de rendibilidade electoral de cara ás municipais do 2011.


En efecto, son moitos os aspectos que xa deberan estar solventados no barrio. Por poñer algúns exemplos: o estado xeralizado das rúas é deficitario e obstaculiza o tránsito tanto de peóns coma de autos; os accesos ao parque da Almáciga están de auténtica pena; o campos de xogos non está dotado nin ofrece seguridade para o xogo de nenos e nenas; o mobiliario urbán tamén é deficitario.

Reclamamos desde o Concello máis eficiencia e que se deixe de promesas ou de agardar pola arcadia en que semella terse convertido o Plan Urbana Norte, ao cal a directiva denomina nun escrito remitido ao concello en marzo de 2009 como “Plan Marshal”. Finalmente, e tendo en conta a denuncia ante a oficina da Concellaría de Urbanismo e o Valedor do Pobo polo que consideramos aberración no rueiro da Caramoniña para beneficio duns poucos, e tendo en conta a propia resposta desta concellaría, xustificándose en que aí iría o centro sociocultural dos veciños e veciñas...como pode ser que a Directiva aínda agarde por dito centro e non saiba onde se ubicará?

sábado, 10 de abril de 2010

Interpelación sobre EDAR

Poñemos a vosa disposición a interpelación presentada por Esquerda Unida á mesa dos Congreso dos deputados, en referencia a nova ubicación da depuradora de Silvouta, froito do traballo traballo conxunto do consello comarcal eos veciños e veciñas de Laraño.

martes, 6 de abril de 2010

Resposta retirada símbolo franquista

Dende o consello comarcal de EU Compostela queremos mostrarvos, para a vosa información, a contestación que a USC fai a nosa rogativa para a retirada do símbolo franquista da facultade de Químicas.

viernes, 2 de abril de 2010

Sensibilización sobre autismo

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA APOIA A DEMANDA DE SENSIBILIZACIÓN NO DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

EU ANIMA Á PARTICIPACIÓN ACTIVA NAS ACTIVIDADES QUE SE LEVARÁN A CABO NA NOSA CIDADE O 7 DE ABRIL

O consello comarcal de Esquerda Unida Compostela fai súas as demandas que a Organización Mundial do Autismo, OMA, realiza neste día mundial de concienciación do autismo, esixindo os gobernos que firmen e ratifiquen A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

EU considera necesario que todas as Administracións Públicas se impliquen en artellar medidas que supoñan un cambio real na situación das persoas con TEA, que na súa maioría seguen dependendo do esforzo diario das familias, para que poidan estar en igualdade de condicións co resto do tecido social no aceso a sanidade, educación, traballo, ocio…

Tamén, dende Esquerda Unida Compostela, manifestamos o noso apoio os actos que se levarán a cabo na nosa cidade, na praza do Obradoiro, o vindeiro mércores 7 de abril, animando a xente a involucrarse.

O consello comarcal.

miércoles, 31 de marzo de 2010

Día Mundial de Concienciación do Autismo

Dende o consello comarcal e EU Compostela poñemos a vosa disposición o manifesto da Organización Mundial do Autismo realizado polo Día Mundial de Concienciación do Autismo.


A Organización Mundial do Autismo, OMA, desexa dirixirse ás organizacións representativas e á sociedade internacional, con motivo da dedicación o próximo día 2 de Abril, a El Día Mundial de Concienciación del Autismo,



MANIFESTANDO:

Este ano saudamos por terceiro ano consecutivo a proposta da ONU que celebra o día Mundial de sensibilización sobre o autismo-WAAD e queremos aproveitar esta efeméride para requirir de todos os gobernos que se adhiran asinando e ratificando a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Minusvalía porque dende a Organización Mundial do Autismo-OMA, reivindicamos o dereito que teñen as persoas con minusvalía en xeral, e as persoas con TEA, en particular, a gozar do amparo lexislativo no que non sexan "obxecto" de políticas caritativas ou asistenciais, senón que son "suxeitos" de dereitos humanos. Polo tanto, as desvantaxes sociais que sofren non deben eliminarse como consecuencia da "boa vontade" doutras persoas ou dos Gobernos, senón que deben eliminarse porque as devanditas desvantaxes son violatorias do gozo e exercicio dos seus dereitos humanos.

Dende a OMA, apoiados por todas as entidades relacionadas coas persoas TEA, queremos declarar ante os gobernos de todo o mundo que, superando a primeira década do século XXI non se pode esgrimir ningunha razón válida para continuar mantendo máis ou menos na sombra a un colectivo - as persoas con autismo - que ata a data, salvo en honrosas excepcións segue dependendo en gran xeito do esforzo cotián das propias familias.

Nos países máis avanzados, dende o punto de vista dos dereitos sociais, a lexislación existente non se cumpre convenientemente ou forman parte de colectivos con minusvalía con necesidades non sempre converxentes e, nunha inmensa maioría de países, simplemente non existe lexislación ao respecto.

A globalización, máis ou menos discutible, verdadeiramente achéganos co cal todos coñecemos de primeira man as dificultades dentro dos nosos grupos así como as solucións practicadas, razón que nos impide continuar na postura do descoñecemento, negando unha evidencia que sufriu unha explosión nos últimos anos.

Se uns grupos se sentiron comprometidos para tratar de evolucionar no traballo, estudo e tratamento das persoas con TEA - xa sexan pais, profesionais ou investigadores - debemos esixir as administracións públicas que se impliquen tamén xa que nós somos a sociedade e reclamámosllelo.

A tolerancia e o pluralismo enriquecen e cohesionan unha sociedade máis digna.

Dende a OMA consideramos e facemos noso o principio ".....Os Estados Parte recoñecen a importancia da cooperación internacional e a súa promoción, e encóntranse obrigados a tomar medidas apropiadas e eficaces ao devandito fin. Nos casos en que corresponda, farano en asociación coas organizacións internacionais e rexionais pertinentes e a sociedade civil, en particular organizacións de persoas con minusvalía. (Convención, art.º 2).

Temos a base, a Convención sobre os dereitos das persoas con minusvalía (Nacións Unidas), que se acollan a ela e que modifiquen as leis facéndoas converxer. Estamos nesta loita, é a nosa esixencia e somos inaccesibles ao desalento.

Un gran número de países asinárona, pero non tantos ratificárona. Todos os estados deben comprometerse a realizar os cambios necesarios na súa propia lexislación para evitar calquera forma de discriminación, promovendo así a igualdade de oportunidades co resto do tecido social.

Todos os cidadáns debemos partir dende as mesmas oportunidades para o acceso á participación activa na sociedade, á educación, a sanidade,
o traballo, o ocio e gozo cos apoios necesarios para aqueles que os precisen sen diferenzas en razón a orixe, confesión ou minusvalía.

En consecuencia, as persoas con TEA, deben e teñen que acceder, en pleno exercicio de liberdade, ás mesmas oportunidades que os demais cidadáns.

lunes, 29 de marzo de 2010

Defensa uso público mosteiro Celanova

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REXEITA CON ROTUNDIADE A CONVERSIÓN DUN CONXUNTO MONUMENTAL PÚBLICO COMO O MOSTEIRO DE CELANOVA NUN HOTEL DE LUXO XESTIONADO POR UNHA EMPRESA PRIVADA.

EU CRITICA O GOBERNO DO PP POLO SEU MODELO ECONÓMICO PRIVATIZADOR E INSUSTENTABLE, BASEADO NO DESBALDIMENTO DOS RECURSOS PARA PERPETUAR O MODELO ESPECULATIVO DO LADRILLO E O TURISMO .

EU COMPOSTELA APOIA AS MOBILIZACIÓNS DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO USO PÚBLICO DO MOSTEIRO DE CELANOVA E PULA POLO MANTEMENTO DO MOSTEIRO COMO INSTITUTO PÚBLICO DA VILA.

O Goberno do PP, como ven realizando dende que chegou ao poder, prosegue co desbaldimento dos recursos da nosa nación na procura de perpetuar o modelo económico do ladrillo e do turismo, un modelo especulativo baseado no neoliberalismo privatizador causante da actual crise económica.

Esquerda Unida rexeita con rotundidade a conversión do Mosteiro de Celanova, que na actualidade é o instituto público da vila, nun hotel de luxo xestionado por unha empresa privada, como pretende a Xunta do PP en colaboración co concello de Celanova, tamén gobernado polo PP. Semella inconcibible que un conxunto monumental con máis de século e medio de uso público, se lle arrebate ao pobo coa finalidade de poñelo en mans privadas.

Para favorecer o dito movemento especulativo, a Consellería de Educación pretende construír un novo centro de ensino, algo que xa se reflectiu nos orzamentos de Galicia para o 2010 cunha partida de 150.000 euros. O Conselleiro, Jesús Vázquez Abad, utiliza a demagóxica argumentación de que o dito centro será un referente en innovación tecnolóxica e arquitectónica, cando a realidade amosa que non existe ningunha necesidade de construir un novo centro educativo, como así o indica o propio claustro de profesores, que se opón ao traslado do centro, e a Plataforma en Defensa do Uso Público do Mosteiro de Celanova a que EU apoia en todas as súas reivindicacións e mobilizacións.

Esquerda Unida considera inaceptable que nun contexto de crise o Goberno de Galiza promova o gasto innecesario dun novo instituto, que ademais non apoia a maioría da veciñanza de Celanova.

Esquerda Unida considera prexudicial e insolidaria a aposta da Xunta do PP de outorgar a mans privadas recursos públicos, obtidos co esforzo dos traballadores e traballadoras do país, argumentando falazmente que a xestión privada e máis económica e produtiva, cando a realidade mostra con claridade que a privatización so conleva pérdida de calidade nos servizos prestados e na situación laboral dos empregados