lunes, 29 de diciembre de 2008

ESQUERDA UNIDA CONDEA AS MATANZAS DE PALESTINOS PERPETRADAS POR ISRAEL

ESQUERDA UNIDA CONDEA AS MATANZAS DE PALESTINOS PERPETRADAS POR ISRAEL COS SEUS ATAQUES Á FRANXA DE GAZA

A COORDINADORA NACIONAL, YOLANDA DÍAZ RECLAMA A SUSPENSIÓN DO ACORDO DE ASOCIACIÓN QUE A UE MANTÉN CON ISRAEL


Esquerda Unida quere denunciar a nova vaga de violencia terrorista de Estado, que o goberno israelí está a desenvolver sobre a poboación palestina na franxa de Gaza. Denuncia que fai extensiva á unha comunidade internacional que permite por activa ou pasiva o exercicio dunha violencia brutal e o mantemento de condicións de vida insoportables nos territorios ocupados, en aberto desafío dunha legalidade internacional violada reiteradamente por Israel coa complicidade dos EE.UU. e a propia Unión Europea.
Renuncias a facer cumprir a devandita legalidade que nestes días supuxeron preto de 300 mortos e un millar de feridos.


Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU, demanda que o Estado inicie diante da UE os trámites para que quede en suspenso o acordo de asociación con Israel do ano 2000, proposta que se acollería a cláusula segunda do devandito acordo que contempla este recurso no caso de violación dos dereitos humanos, o cal semella evidente diante de bombardeos sobre a poboación civil que xa causaron máis de douscentos mortos nesta semana pasada. A Coordenadora Nacional de EU cualificou os ataques do exército israelí como crimes de guerra. Violencia criminal que ten un cheiro electoral nas vésperas dunhas eleccións ao parlamento israelí, Knesset.

Esquerda Unida lembra a resolución do Parlamento Europeo de 10 de abril de 2002 no mesmo sentido de demandar a suspención do acordo de asociación namentras non cesen as violacións de dereitos humanos por parte do Estado de Israel.

Esquerda Unida esixe o cesamento de calquera venda de material militar ou policial ao Estado israelí namentras non remate a ocupación de Cisxordania e Gaza.

O estancamento e mesmo regresión das supostas negociacións de paz tendentes a conquerir a retirada israelí dos territorios ocupados, cando os Acordos de OSLO datan do ano 1993. O mantemento dos asentamentos coloniais nos territorios ocupados en violación das convencións de Xenebra, a construción dun muro de separación rexeitado pola Corte Internacional da Haya, as continuas agresións económicas aos palestinos, as humillacións cotiás dunha poboación ocupada indican a vontade criminal do goberno israelí de non rematar cunha situación condenada pola ONU.

A situación xerada pola violencia israelí vulnera a Declaración Universal dos DD.HH., a Cuarta Convención de Xenebra, o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, o Pacto Internacional sobre Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e maila Regulamentación Estandar Mínima das Nacións Unidas para o Tratamento de prisioneiros. Cómpre, xa que logo, unha intervención do goberno español e da comunidade internacional para facer respectar os dereitos do pobo palestino a vivir en liberdade na súa terra, ceibes da ocupación colonial israelí.

No hay comentarios: