martes, 30 de diciembre de 2008

ESQUERDA UNIDA SOLICITA A DEMISIÓN DO CONSELLEIRO DE INDUSTRIA

Este comunicado remitiuse onte aos medios. Sabedores somos da súa repercusión en La Voz de Galicia.

*****


ESQUERDA UNIDA RECLAMA A APROBACIÓN PREVIA DO PLAN SECTORIAL EÓLICO E A AMPLIACIÓN DA REDE NATURA 2000

ESQUERDA UNIDA DEMANDA A DEMISIÓN DO CONSELLEIRO DE INDUSTRIA TRALO FIASCO DO CONCURSO EÓLICO

Esquerda Unida entende inaceptable a adxudicación do concurso eólico sen ter aprobado con anterioridade un novo plan sectorial eólico, vixente hoxendía o do PP, o cal lle resta toda coherencia ao diseño das renovables por parte de Industria e da Xunta.

Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, reclamou un novo plan eólico elaborado sobre as bases da sustentabilidade e a participación cidadá. Sen este marco previo esta adxudicación semella improvisada e opaca, falla de transparencia, presa de batallas empresariais que n nada benefician ao noso país.

En consonancia co novo plan eólico que demanda EU e o conxunto do movemento ecoloxista, semella indispensable ampliar os espazos comprendidos na Rede Natura 2000 ao obxecto de propiciar a conservación da nosa riqueza natural. O actual concurso amplía a zonas fóra da actual ordenación eólica – a do PP – as susceptibles de ser explotadas, o cal prexuzga e condiciona o vindeiro plan eólico.

Esquerda Unida quere denunciar a perda da oportunidade de acadar unha presenza decisiva - e non residual – do sector público galego nun ámbito estratéxico, o da enerxía renovable. As renuncias da consellería e do conxunto da Xunta explícanse polas compracencias co discurso neoliberal imperante até onte na praxe de goberno do bipartito. Non compartimos a privatización do vento segundo consignou a Coordenadora Nacional de EU.

As carencias do proceso salpicaron de xeito inevitable o bipartito, coa retirada das consellarías do PSOE e nun marco de dúbidas e incertezas a teor das declaracións da conselleira de Política Territorial e do propio Presidente da Xunta.Todo elo nun contexto onde fallan os proxectos industriais – derrotado o traslado de ENCE da ría pontevedresa -, e carécese dunha avaliación ambiental estratéxica.

No hay comentarios: