A Asemblea Comarcal de Esquerda Unida Compostela renova o Consello Comarcal Xabier Ron será de novo o coordinador comarcal.
A Asemblea Comarcal de Esquerda Unida Compostela reunida o venres 12 de febreiro de 2010 renovou o seu Consello Comarcal. A xuntanza contou coapresenza de César Santiso, Secretario de Organización de Esquerda Unida.
A Asemblea Comarcal aprobou por unanimidade a presentación do informe do coordinador saínte, onde se detallou o constante traballo realizado nestes tres últimos anos.
O novo consello comarcal amplía as persoas de 5 a 9 para seguir coa nosa política de seguemento permanente da política municipal e para introducir, como interruptor, no discurso dominante unha praxe de esquerdas, transformadora, alternativa e socialista, que se preocupe realmente das persoas, poñéndoas por riba dos intereses especuladores, mercantís e económicos, sobre todo neste tempo de crise, onde debemos defender todas ecada una das conquistas laborais.
As distintas responsabilidades quedaron asumidas como segue: Vicente Vázquez, responsable de Comunicación e Movementos Sociais; Ángel Rodríguez, responsable de Deportes; Michel Touriño, responsable de Cultura; Xenxo Redondo, responsable de Sanidade; Marta Mosquera, responsable de Muller e Igualdade; Xosé Díaz, responsable de Emprego e Mundo Laboral; Xabier Ron, responsable de Política Municipal e Ensino; Alberto Pérez, responsable de Área Pública; Xosé María Tubío, responsablede Organización e Finanzas.
Unha vez elixido, o Consello Comarcal elixiu por unanimidade a Xabier Ron como coordinador comarcal, que repetirá un segundo mandato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario