Aquí tedes o texto da moción:
Esquerda Unida Compostela, tal e como reflicte nos seus programas
electorais, fai unha defensa do transporte público, sustentable económica e
medioambientalmente, tanto para a cidade de Santiago como para a súa comarca.
Por iso o Consello Comarca de Esquerda Unida Compostela en moitas das súas
iniciativas ou comunicados expón as distintas maneiras de acadar un transporte
público, eficaz e eficiente, a un custe razonable, que consiga abortar o uso do vehículo
privado, acadando o aforro tanto no peto dos usuarios como nas emisións nocivas
para o medioambiente e a saúde.
Mais nesta ocasión consideramos que a medida que expoñemos, ademais de
necesaria, debería ser apoiada por todos o grupos políticos con representación
no Pleno e levada a cabo o antes posible, pois pedimos que en todos os
autobuses do transporte público se habilite, como xa existe na Coruña e noutras
cidades, un sistema audiovisual indicando as pertinentes paradas que se van a
realizar.
A doada explicación de porque sería necesaria esta instalación se pode
obter con dous exemplos claros, máis que factibles na nosa cidade, habendo por
suposto máis motivos que xustifican esta instalación.
O motivo dun aviso sonoro de parada, indicando o nome da mesma, axudaría á
utilización do transporte público por parte de persoas invidentes que acharían
neste sistema un apoio destacable para a súa independencia para moverse pola
cidade. Outro motivo que xustificaría esta instalacións no apartado visual
sería porque axudaría ós turistas, un dos motores económicos da cidade segundo
expresan en todos os Plenos o PP, PSdeG e o BNG, a desprazarse dende o lugar
onde pernoctan até os distintos puntos da cidade, pois contaría cun aviso no
que, ademáis de poñer o nome da parada, se indicase o número da mesma
facilitando unha mellor comprensión e mobilidade.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro.- Habilitar un sistema
audiovisual de aviso de paradas nos autobuses da rede urbana
No hay comentarios:
Publicar un comentario