Prezado
veciño / Prezada veciña
Coas presentes palabras desexo, en nome da
organización da que son coordinador na comarca de Compostela, animarte a que
participes con nós no debate de ideas e de reformulacións programáticas que
terá lugar o xoves 7 de xuño de 2012.
Convídote co desexo de que contribúas co teu grán de
area a crear as bases esenciais para parar o estado actual de quebra no que nos
teñen sumidos as forzas reaccionarias do capitalismo salvaxe.
Non podemos deixarnos vencer polo pesimismo, xa que
iso significaría entregar un cheque en branco para que o noso futuro sexa un
terreo ermo de servizos públicos, ermo de igualdade de oportunidades. Eles só queren un futuro feito a medida do que tem diñeiro. Non permitamos
que o fagan.
Nós non queremos iso. Queremos
que a solidariedade se impoña á cobiza; que a xenerosidade se impoña ao egoísmo
e que a ética e a transparencia triunfen sobre a corrupción e o escurantismo.
Como poderás comprobar nas distintas propostas que compoñen o noso documento, Un
proceso transformador da sociedade. Ideas para unha revolución cidadá,
queremos establecer pasos, pequenos pero firmes, con vistas a avanzarmos na
configuración dunha Xunta máis social, preocupada pola maioría social e firme
defensora do ben público.
Agardámoste o xoves 7 de
maio, a partir das 20h30 en Fontiñas (r/ Dublín 8 baixo) na
Asemblea Comarcal Aberta. En caso de non poder vir, por calquera
circunstancia, pero desexas achegar as túas ideas, podes facelo ben
participando como delegado ou delegada na Convención Provincial que terá lugar
o 16 de xuño en Coruña, ben enviando as túas suxestións ao enderezo electrónico
da nosa organización (eu-santiago@esquerdaunida.org).
Atentamente, recibe unha
cordial aperta
Xabier Ron
Coordinador Comarcal de
Esquerda Unida Compostela
ORDE DO DÍA
ASEMBLEA COMARCAL ABERTA
7-XUÑO-2012
rúa Dublín 8
baixo, ----- 20h30
- Debate do documento político (pídeo a través do correo electrónico)
- Elección de delegados/as para asistir á Convención Provincial da Coruña (16 de xuño de 2012)
- Proposta de candidatos/as para as Eleccións á Xunta de Galicia
- Varios
No hay comentarios:
Publicar un comentario