O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONSIDERA UN ROTUNDO ÉXITO A
FOLGA XERAL DO 14N.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA APOIARÁ AS MOBILIZACIÓNS QUE SE LEVEN A CABO
PARA RACHAR COAS POLÍTICAS NEOLIBERAIS DE RECORTES QUE NOS LEVAN A MISERIA.
Unha vez máis a militancia de Esquerda Unida
estivo nas rúas da cidade para loitar contra a sinrazón da Troika europea e
interna que destrúe coas súas medidas os dereitos sociais e laborais da
cidadanía.
Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
a folga xeral do 14 de novembro foi un rotundo éxito que acredita a necesidade
de mudar as políticas neoliberais que levan a miseria a milleiros de persoas
mentres permite o lucro desmedidos duns poucos.
Foron decenas de miles os veciños e veciñas que
onte percorreron as rúas da cidade berrando en defensa dunha sanidade e
educación públicas gratuítas e de calidade e clamando contra esa reforma
laboral do PP que destrúe os dereitos laborais conquistados durante décadas de
loita.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
compromete o seu apoio ás novas mobilizacións que se leven a cabo para rachar
coas políticas conservadoras, faga quen as faga, e conseguir o cambio de modelo
produtivo que necesitamos.
Por último trasladar o noso parabén á cidadanía
comprometida que saíu ás rúas a reclamar os seus dereitos e un futuro mellor,
demostrando, unha vez máis, que a loita continua
No hay comentarios:
Publicar un comentario