Contra os recortes en políticas de Igualdade e na loita
contra a Violencia Machista
Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela a violencia machista, no só non dá tregua senón que nos últimos
tempos parece atopar un maior respaldo. Amparada polo goberno do Partido
Popular e as institucións, a misoxinia expándese.
As mulleres sufrimos menores salarios en iguais
traballos, maior pobreza, menos oportunidades, máis precariedade laboral,
menores taxas de actividade recoñecida, responsabilidade dos coidados a
dependentes, e escasa representación nos órganos directivos empresariais e
políticos. Mentres continúan os asasinatos, escoitamos declaracións de altos
cargos que incitan á violación, ameazase coa modificación regresiva da Lei do
Aborto, continúan as sentencias xudiciais a favor do acoso sexual, mantense a
desprotección e a falta de medios para a independencia das mulleres maltratadas
e ameazadas, seguen as obscenas mostras de linguaxe institucional machista e as
subvencións a centros educativos que segregan por sexos. Continúa, en
definitiva, o desmantelamento de todo organismo e recurso público en prol da
igualdade e a regresión nas actitudes das institucións que deberían dar
exemplo.
No 2012 o número de mulleres asasinadas aumentou
con respecto ao ano anterior, mais os orzamentos da Delegación do Goberno
contra a Violencia de Xénero sofren un recorte dun 21,3%. O Instituto da Muller e os Plans para
Igualdade sofren tamén recortes superiores aos de outros ministerios. No
entanto, o trato de favor á Igrexa Católica segue a aumentar.
A Xunta do PP suprime o SGI (Servizo Galego de
Promoción da Igualdade do Home e da Muller) desmantelando políticas de
igualdade nun momento especialmente crítico para as mulleres. Desde o ano 2007 a Comarca de Santiago carece
dunha casa de acollida para as vítimas da violencia machista.
Quérennos converter en cidadáns de segunda onde
dereitos tan fundamentais como decidir sobre as nosas vidas deberán ser
tutelados, convertendo a maternidade nunha imposición, non nunha opción.
Dende
Esquerda Unida Compostela esiximos que a violencia machista sexa eliminada
definitivamente das nosas vidas.
Esiximos, como é de xustiza:
-
A loita pola eliminación da violencia machista: maltrato psíquico, agresións
físicas, violencia sexual. Tanto o Concello de Santiago, como outras
Administración Públicas, centren os seus recursos económicos e humanos en
extinguir esta lacra e asistir ás súas vítimas;
- a loita efectiva
contra o acoso laboral e sexual;
-
a loita pola igualdade laboral: fin da discriminación salarial e da disparidade
de oportunidades e dereitos;
-
e o dereito a decidir sobre o propio corpo.
En definitiva, a IGUALDADE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario