VALORACIÓN DO PLENO DO 29 DE NOVEMBRO DE
2012
O representante do Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela, Vicente Vázquez, proseguindo co traballo municipal de EU, acudiu
ó Pleno para valorar o que alí se faga ou diga.
Os cinco primeiros puntos da orde do día foron
protocolarios trámites de aprobación de actas, lecturas de declaracións
institucionais sobre o 25N e o manifesto FAPE en defensa do xornalismo e unha
corrección na ordenanza de terrazas.
O sexto punto da orde do día, aprobado cos votos a
favor do PP e as abstencións do PSdeG e o BNG, versou sobre 5 modificacións
orzamentarias, que servirían dende pagar mobiliario para o novo CSC de Santa
Marta até pagar as horas extras dos funcionarios municipais dos últimos meses
do ano 2011.
Sen entrar en maiores valoracións, salvo as tamén
expresadas por BNG e PSdeG, de que o PP mostra unha vez máis a improvisación
que o caracteriza o ter que modificar un orzamento que aprobou fai escasos
catro meses, dende o Consello Comarcal de EU Compostela urximos ó equipo de
goberno a que presente o antes posible os orzamentos para o 2013, xa que non
pode, como prometera, o 31 de outubro, polo menos que non oculte as regresivas
contas municipais moito tempo para poder saber a que se debe atener a cidadanía
compostelán.
O punto 7 da orde do día, aprobado cos votos a
favor do PP, era unha declaración de indispoñibilidade de créditos do plan de
axuste, neste caso nos unimos o voto contrario do PSdeG e BNG, dado que nunca
compartiremos calquera medida que veña imposta polo nefasto plan de axuste que
hipoteca o futuro deste concello por 10 anos.
Dos seguintes puntos da orde do día do Pleno so
compre destacar, pois o resto eran meros trámites, o puntos que versaron sobre
o regulamento de venda ambulante, sobre as taxas xudiciais e sobre os
desafiuzamentos.
No tocante o regulamento de venda ambulante, dende
o Consello Comarcal de EU ratificámonos, unha vez máis, que é necesaria a
participación cidadá para conseguir texto operativos e satisfagan as
necesidades dos veciños e veciñas, e evitar que o Pleno se converta, como
ocorreu neste caso, en un estéril debate de propostas da oposición que se
poderían engadir a esta ordenanza para mellorala.
No tocante á proposta do PSdeG contra as taxas
xudiciais, desestimada polo votos en contra do PP, e a do BNG, sobre a
modificación da Lei Hipotecaria, aprobada, tras unha emenda do PP, por
unanimidade, dende o Consello Comarcal de EU Compostela manifestamos a nosa
oposición as taxas xudiciais anunciadas por Gallardón e criticamos puerís actos
de unidade como a aprobación unánime da moción do BNG, cando ese mesmo día se
aprobaba no congreso dos deputados medidas cosméticas que non solucionan o espolio
que a clase traballadora está a sufrir por parte dos bancos.
O Pleno rematou con dous rogos do BNG e varias
mocións sobre diversos temas presentadas polo PSdeG e o BNG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario