O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que as
administracións públicas deben levar a cabo todas as medidas necesarias para
velar polo benestar da cidadanía.
Pero é lamentable que en moitas ocasións as actuacións que se realizan para
satisfacer as demandas das persoas, teñen que ver máis con actuacións
cosméticas dado a repercusión mediática que pode ter un tema que pola intención
de manter actuacións estables e eficaces para dar solución real os problemas da
cidadanía.
Claro exemplo está a ser a loita contra o SIDA, que se ben grazas os
tratamentos antirretrovirais esta diminuíndo os seu casos, non así as
infeccións por VIH que se están a incrementar, pero ó non ser un problema
sanitario que na actualidade provoque gran repercusión mediática, é aproveitado
polo PP para, na práctica, suprimir o “Plan Nacional sobre el Sida” por parte
do Goberno Central.
Tamén na nosa cidade o Partido Popular conseguiu coas súas medidas a
desaparición, pese a súa gran labor, dos comités antisida que, contando con
traballo voluntario, dispoñían do necesario persoal técnico especializado, para
abordar esta enfermidade dende unha perspectiva global e integral, encamiñando
a súa labor a prevención en persoas que non están infectadas, e non pór meros
“parches” asistenciais.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Que o Concello volva a presupostar a
pertinente partida orzamentaria para que os comités antisida volvan realizar o
seu traballo na nosa cidade
Segundo. Instar á Xunta de Galicia a retomar a
concesión de axudas a este tipo de organizacións, xa que realizan unha tarefa
de saúde pública moi importante
No hay comentarios:
Publicar un comentario