Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela o Concello debe
contribuír e velar pola autonomía das persoas con diversidade funcional ou con
mobilidade reducida para que poidan desprazarse pola cidade.
Por ese motivo presentáramos, o pasado 12 de novembro de 2010, unha moción
na que pedíamos ó anterior equipo de goberno que eliminara todos os bordos elevados
que houbera nos pasos de peóns, pois posto que son os lugares especificamente
ubicados para cruzar dunha beirarrúa a outra, non pode haber atranco algún que
os impida utilizar ás persoas que o desexen.
Transcorridos máis de dous anos desta moción, e máis de un dende que o PP
goberna na cidade, seguimos a comprobar que segue habendo pasos de peóns que
non están adaptados ás normas de mobilidade.
Entendemos que a labor fundamental que deber rexer as actuacións de todas
as administracións públicas é a de garantir o benestar da cidadanía, polo que
consideramos inadmisible que na nosa cidade sega habendo espazos públicos, tan
importantes como os pasos de peóns, que limitan ese benestar ó impedir que
persoas coa súa capacidade de moverse reducida, polo motivo que sexa, poidan
transitar libremente pola cidade.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes
preguntas para a súa resposta por escrito:
1) Fará o Concello un exhaustivo estudo de todos os pasos de peóns da cidade
para comprobar cantos incumpren coa normativa de mobilidade e accesibilidade?
2) Levará a cabo o equipo de goberno as actuacións necesarias para corrixir
esta grave deficiencia?
No hay comentarios:
Publicar un comentario