O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DEFENDE A REMUNIPALIZACIÓN DOS
SERVIZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS PRIVATIZADOS.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA, TAL E COMO EXPREXARA NAS EMENDAS AO
ANTERIOR ORZAMENTO MUNICIPAL, PROPÓN COMEZAR POLA REMUNIPALIZACIÓN DO SERVIZO
DA RECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA VIARIA.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
esixe a remunipalización de todos os servizos públicos municipais privatizados,
para acadar unha titularidade e xestión pública que busque o beneficio da
cidadanía e non o lucro das mans privadas.
Ideoloxicamente EU sempre defende e loita para que
sexan as Administracións Públicas as que presten, con calidade, eficacia e
eficiencia, servizos de titularidade e xestión pública que satisfagan as demandas
sociais que a cidadanía precisa para o seu benestar.
Outro motivo é que as privatizacións, mal chamadas
externalizacións polo PP e PSOE, son, como se está demostrando, o caldo de
cultivo perfecto para a corrupción, pois favorecen, polos intereses privados o
lucro, os subornos, tratos de favor, clientelismo...
É máis que obvio que a xestión pública beneficia a
maioría da cidadanía, pois non busca o rédito económico senón que vela porque
se presten servizos necesarios para ter unha sociedade xusta e igualitaria, e
ademais promove para os traballadores públicos que levan a cabo a xestión
condicións laborais xustas, tanto en dereitos como en remuneración.
Por tales motivos, o Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela defende e defenderá a completa remunipalización de todos os
servizos públicos privatizados, tanto no anterior goberno do PSdeG como no
actual do PP.
Sendo o primeiro obxectivo, tal e como
manifestaramos nas emendas aos anteriores orzamentos municipais, retomar a
xestión publica do servizo da recollida, eliminación e tratamentos R.S.U.,
debido a que a concesión (privatización) outorgada a URBASER remata a finais de
2014, en lugar dun novo concurso privatizador como promove o Partido Popular.
Por último o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela propón, para o resto de privatizacións de servizos públicos,
elaborar os pertinentes estudos de remunipalización para comprobar os pasos que
se deben levar a cabo para acadar a necesaria xestión pública.
No hay comentarios:
Publicar un comentario