O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera función vital
das distintas administracións públicos velar polo respecto o medio ambiente xa
sexa mediante leis ou as actuacións levadas a cabo.
Por ese motivo xa presentaramos o 30 de outubro do 2009 unha moción na que
pedíamos ó Concello acollerse ó Plan de Activación do Aforro e a Eficiencia
Enerxética 2008-2011 co obxectivo de substituír os vehículos municipais antigos
por vehículos eléctricos.
Transcorridos máis de tres anos desta moción en Galicia existen en torno a medio
centenar de electrolineras, o que, en palabras do conselleiro de Economía e
Industria, coloca á nosa comunidade “á vagarda da electromobilidade”, o malo
desta situación é que a finais de 2012 só se venderon en Galicia catro automóbiles
eléctricos.
Sen obviar que o eixo central debe ser o fomento dun novo modelo de
transporte público colectivo, o que acredita esta situación é que se require o
compromiso das distintas institucións para fomentar o necesario cambio de
vehículos de combustión polos eléctricos, xa sexa con medidas prácticas que
levar a cabo como coa elaboración de campañas informativas
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Que o concello
se comprometa a que cando sexa necesario mudar os vehículos municipais
da cidade, estes sexan eléctricos
Segundo. Que concello faga campañas informativas sobre
os beneficios para o medio ambiente deste tipo de vehículos, ademais de que facilite
a súa venda en todo o posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario