O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA RECLAMA ELECCIÓNS ANTICIPADAS EN
SANTIAGO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEFENDE QUE A MALA XESTIÓN POLÍTICA, SOCIAL
E ECONÓMICA DO PP ACREDITAN ESTA NECESIDADE DEMOCRÁTICA.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
reclama, por convencimento democrático, que a cidadanía deber ser escoitada
mediante o adianto electoral das municipais en Santiago.
É máis que evidente, cando nin se cumpriron dous
anos de lexislatura, que a nefasta xestión política, social e económica do
Partido Popular está a provocar graves problemas no benestar dos veciños e
veciñas.
Máis, se cabe todavía, cando a esta xestión
privatizadora, antisocial e neglixente, se lle une a dimisión de Conde Roa, por
un presunto fraude fiscal, a imputación do actual alcalde, Ángel Currás, e constantes
liortas internas personalistas pola posible sucesión, que obvian os problemas
da cidadanía e a pertinente búsqueda de solucións, asi como anuncian unha
inminente situación de ingobernabilidade.
Tamén é manifesto, por exemplo, que a vital labor
de elaboración dos orzamentos municipais se está vendo prexudicada polos
problemas xudiciais de varios membros do equipo de goberno do PP, pois, segundo
o prometido publicamente polo alcalde Currás, se ía iniciar a tramitación destes
orzamentos en outubro para garantir que estivese aprobado antes do 31 de
decembro de 2012. Obviamente non foi así.
Por todos estes motivos, e moitos máis que
atestiguarían a nefasta xestión do PP local, o Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela reclama ao Senado e o Consello de Ministros que tal como se
expón no artigo 61 da lei reguladora das Bases do Réxime Local, no seu apartado
primeiro, fagan efectiva a disolución dos órganos da corporación local dado o
suposto de xestión gravemente danosa para os intereses xerais que supoñen
incumprimento das súas obrigas constitucionais.
E a continuación, aplicando o apartado terceiro
deste artigo 61, que expón que unha vez disolta a corporación local será de
aplicación a LOREG, en relación á convocatoria de eleccións anticipadas.
LOREG, que no seu Título III no artigo 183 expón
que no suposto de disolución de corporacións locais por acordo do Consello de
Ministros deberá procederse á convocatoria de eleccións para a constitución dunha
nova corporación dentro do prazo de tres meses
No hay comentarios:
Publicar un comentario