O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA O GASTO EN ACTUACIÓNS
ESTÉTICAS PROXECTADAS POLO GOBERNO LOCAL DO PP
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEFENDE O USO DOS RECURSOS ECONÓMICOS EN
ACTUACIÓNS SOCIAIS QUE VELEN POLO BENESTAR DA CIDADANÍA.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
defende que o compromiso vital de calquera Administración Pública e loitar por
acadar ou velar pola prestación de servizos sociais públicos que a cidadanía
demanda e precisa.
Todo sabemos que vivimos as consecuencias da crise-estafa
perpetrada polas oligarquías financeiras, coa anuencia do PP, alumno aventaxado
da doutrina ultraliberal, iniciada no seu día polo PSdG. Esta crise-estafa
maniféstase a través de sucesivos plans de recortes que hipotecan non só os
orzamentos e as actuacións do Concello como mínimo nunha década, senón tamén e
sobre todo erosiona os dereitos fundamentais da cidadanía, condeada a vivir
baixo o abafo económico. Por iso, o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela considera que o goberno local debe ser moi coidadoso á hora de gastar
o diñeiro público.
Tal e como xa expresaramos nas alegacións aos orzamentos
do ano 2012, non consideramos prioritario o investimento de 411.766 euros na
remodelación do parque de Ramírez ou agora os recentemente anunciados 120.000
para o estanque da Alameda, xa que, por moi importantes que se podan considerar
estas actuacións, as urxencias de hoxe apelan a que os máis de 500.000 euros
deben destinarse a gasto social.
Nunha moción presentada o 1 de decembro de 2011 xa
consignamos que son precisas axudas para o pago da hipoteca ou do alugueiro a
persoas en situación de emerxencia social. Ou ben podería dedicarse a crear a
axencia pública municipal de aluguer que tería como obxectivo principal incentivar
a posta a disposición da cidadanía de vivendas en réxime de aluguer social, tal
e como figura na moción rexistrada o 14 de marzo de 2012.
Pero se, como supoñemos, para o goberno local do
PP o gasto social non é unha prioridade, consideramos que, ante as actuacións
anunciadas, sería un mellor uso dos cartos públicos o adecentamento das
beirarrúas e estradas en diferentes barrios da cidade, que a día de hoxe
presentan un lamentable estado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario