O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE A DIMISIÓN DE ÁNGEL CURRÁS
COMO ALCALDE DE SANTIAGO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DEMOCRÁTICA DE ADIANTO
DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela,
respectando a súa presunción de inocencia, esixe a dimisión de Ángel Currás
como alcalde de Santiago de Compostela.
É máis que evidente que tralo proceso xudicial
aberto que provocou a súa declaración nos xuzgados e as informacións aparecidas
nun medio de comunicación sobre unha posible falsificación de documentos é
inadmisible que o actual alcalde siga no seu posto.
Por suposto, como xa espuxemos, non cremos que a
substitución dunha persoa solucione o problema que xeran as políticas
neoliberais do PP, pero a coherencia dicta que, por respecto aos veciños e
veciñas de Santiago, o alcalde de
Santiago non poida seguir sendo Ángel Currás.
Lamentablemente, son moitas as actuacións do
Partido Popular local que están causando un fondo malestar crecente na
veciñanza e que incluso atacan os dereitos constitucionais. Non pode ser que a
veciñanza teña que soportar como un alcalde tivo que dimitir por mor dun
presunto delito fiscal. Non pode ser que o PP apoiara e promovera a censura que
padeceu Leo Bassi para actuar nun local público. Non pode ser que o Partido
Popular intentase privatizar as rúas cunha ordenanza ou coarte a liberdade de
manifestación con cuantiosas contías pola instalación dun palco como está a
acontecer con Queremos Galego.
Por iso, e polas moitas outras actuacións que se
poderían expoñer para certificar a nefasta xestión municipal do Partido Popular
e pola corrupción que a xustiza está a investigar, reclamamos, unha vez máis, o
adianto electoral das municipais, para que a cidadanía teña a voz que permiten
as urnas para decidir que futuro político quere para a nosa cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario