O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA MANIFESTA
QUE POR SEGUNDA VEZ SE IMPEDIU A ENTRADA AOS SEUS REPRESENTANTES AO PLENO
ARGUMENTANDO QUE O AFORO ESTÁ COMPLETO
O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA
A TOMA DE MEDIDAS PARA EVITAR ESTAS SITUACIÓNS E QUE A CIDADANÍA, SE O REQUIRE,
PODA SEGUIR O TRANSCURSO DOS PLENOS MUNICIPAIS.
Os
representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Xabier Ron e Vicente
Vázquez, non puideron asistir nin ao Pleno extraordinario nin ao ordinario
celebrados no Concello.
Tal e
como ocorrera en decembro, a policía, argumentando que o aforo do Pleno estaba
completo, prohibiu a entrada ao Pleno público do Concello a todas as persoas
que o solicitaban.
Tamén,
tal e como ocorrera en decembro, houbo protestas cidadás na Praza do Obradoiro.
Nesta ocasión á hora do Pleno extraordinario, 16:30, onde o alcalde debía dar
explicacións sobre as súas imputación, houbo unha concentración ás portas do
Concello contra a corrupción, e ás 17:30 cando empezaba o ordinario había unha
protesta das persoas afectadas pola estafa das preferentes.
Sendo
verdade que hai medios de comunicación que informan do ocorrido nos Plenos,
tamén é certo que é unha visión parcial do mesmo, tanto porque se resume o alí
falado como porque non se informan de todos os puntos da orde do día tratados,
e, como sucede co traballo que o Consello Comarcal queremos facer, hai persoas
que requiren seguir os Plenos integramente.
O
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela esixe que o goberno local do
Partido Popular debe buscar solución a máis que patente demanda da cidadanía de
poder asistir, tal e como se recoñece no regulamente, aos Plenos
Por
tal motivo, como medida inmediata factible de facer, pedimos que se realicen as
xestións necesarias para que, nos casos nos que sexa verdade que o aforo está
completo, a través dun circuíto de vídeo se poida seguir os Plenos noutras
estancia do Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario