O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA REITERA A SÚA LOITA POLA REMUNICIPALIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS
PRIVATIZADOS.
O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA
CRITICA A NOVA LICITACIÓN DA XESTIÓN PRIVADA DAS GARDERÍAS DE CONXO E FONTIÑAS.
O
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende a remunipalización dos
servizos públicos que o Concello, tanto co PSdeG como co PP, privatizou.
Nesta
ocasión, dende o Consello Comarcal de EU, opoñémonos ao anuncio feito polo
goberno local do PP de perpetuar a xestión privada das garderías de Conxo e
Fontiñas, que ata o de agora era levada a cabo por Sermasa.
Reiteramos,
como co caso de Urbaser, que unha vez que rematen as concesións a empresas
privadas de servizos, que sempre deberían ser de titularidade e xestión
pública, o Concello ten a obriga de realizar as xestións pertinentes para a súa
remunicipalización e conseguir con elo tanto a mellora na prestación do servizo
–por velar polo beneficio da cidadanía e non polo lucro privado- como a
necesaria garantía laboral en dereitos e remuneracións para os traballadores e
traballadoras.
No
tocante ás concesións cuxa data de remate non se atopa cerca, dende o Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela defendemos a elaboración dos estudos
pertinentes para conseguir o antes posible a súa remunicipalización.
Por
tal motivo opoñémonos á prórroga concedida á empresa privada Geriatros para
xestionar o Servizo de Axuda no Fogar que, unha vez máis, supón o emprego de
cartos públicos para o beneficio privado.
Coa
remunicipalización e a implantación de mecanismos de control cidadá nos órganos
de xestión dos servizos municipais evitaremos que, coa xustificación da
privatización, aparezan condutas antidemocráticas como prevaricación, subornos,
tráfico de influencias, “enchufismo”, en definitiva, poderemos poñerlle fin ao
clima de corrupción que se está apoderando do concello e que incrementa o grao
de desconfianza da cidadanía cara aos seus representantes políticos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario