O CONSELLO COMARCAL DE
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONSIDERA QUE ÁNGEL CURRÁS QUEDA INHABILITADO
POLÍTICAMENTE COMO ALCALDE
O CONSELLO COMARCAL MANTÉN
QUE O PROBLEMA NON É UNHA PERSOA SENÓN AS POLÍTICAS NEOLIBERAIS DO PP.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, respectando a súa
presunción de inocencia, considera que Ángel Currás queda inhabilitado
politicamente como Alcalde para rexer como é debido o Concello de Santiago.
Por suposto se coas pertinentes pesquisas xudiciais e trala súa declaración
o vindeiro 17 de xaneiro, a Ángel Currás se lle mantén a súa imputación
esixiremos, se non o fai antes, a súa inmediata dimisión.
Mais, unha vez máis, desexamos ratificar que os problemas da nosa cidade
non parten da imputación do seu alcalde, sendo isto moi grave, senón que son as
políticas neoliberais, comezadas polo PSOE, que agora continúa e acentúa o PP,
as que liquidan os dereitos sociais dos veciños e veciñas de Santiago.
Como xa expuxeramos con anterioridade, o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela non entende a política como actuacións personalistas carentes dunha
ideoloxía, e feitas dende a individualidade, senón como estratexias
programáticas que o PP manifesta nese dogma privatizador que o move, e que xera
as condicións idóneas para fraudes, subornos e outras actuacións delictivas.
Por iso non cremos que a posible dimisión de Ángel Currás solucione nada,
máis aló dunha actuación cosmética do PP, porque manterase a xestión privada de
servizos que deberían remunicipalizarse para realmente acadar o beneficio para
a cidadanía e non o lucro nas mans privadas.
No é Ángel Currás, senón o PP, quen perpetúa e incluso incrementa as
chamadas externalizacións, que non son máis que privatización dos servizos que
deberían seguir sendo de titularidade e xestión pública.
Non é Ángel Currás, senón o PP, quen leva unha política urbanística
errática, consistente en liquidar EMUVISSA, para permitir a planificación
urbanística dun xeito privado carente de interese por velar polos dereitos da
cidadanía.
Non é Ángel Currás, senón o PP, o que tanto a nivel local, galego como
estatal, mostra un comportamento totalitario e de censura, como se reflictiu na
prohibición de entrada os veciños e veciñas no último Pleno.
Moito máis se podería seguir engadindo da nefasta xestión do goberno local
do PP, non só de Ángel Currás, que, sen lugar a dúbidas, empobrece social e
economicamente a Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario