O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DEFENDE QUE O CONCELLO DEBE
VELAR POLA SEGURIDADE DOS VECIÑOS E VECIÑAS.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CRITICA A INOPERANCIA MOSTRADA POLO CONCELLO
Á HORA DE EVITAR O RISCO QUE SUPUÑA O MURO DA RUA BETANZOS .
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
esixe que o Concello cumpra coa súa obriga de velar pola seguridade da
veciñanza de Santiago.
Entendemos que en ocasións as circunstancias
meteorolóxicas fan inevitables que acontezan algúns accidentes posto que a
forza da natureza pode chegar a ser imparable. Non entanto, outros incidentes,
poden evitarse de actuar con dilixencia o Concello. É o que sucedeu na rúa
Betanzos coa caída dun muro que, por fortuna, só ocasionou danos materiais. Un
feito que demostra a inoperancia e a actitude neglixente do equipo de goberno
do Concello.
Persoas afectadas pola caída do muro puxéronse en
contacto co Consello Comarcal de Esquerda Unida e manifestaron o seu enfado
debido a que levaban denunciando o perigo que supuña este muro dende o ano 2005.
Primeiro, expresando os seus temores a Mercedes
Rosón do PSdeG e, coa entrada do novo goberno, a Juan de la Fuente, sen obter
medidas efectivas que puxeran solución ao problema que denunciaran.
Solución en forma de instalación dunha valla
metálica que o PP se viu abocado a tomar o pasado 8 de xaneiro, despois de que
unha sentenza xudicial ditaminara que o muro era propiedade do Concello, valla
que tralo acontecido se viu como insuficiente e xa se pensa nun muro de
formigón.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela reiteramos que a inoperancia mostrada polo goberno local, tanto do
PSdeG como PP, neste tema non pode volver a ocorrer e apoiamos as xustas reivindicacións
expresadas polos veciños e veciñas afectados.
Tal como acontece coas fincas sen limpar que, por
exemplo, poden supoñer risco de incendio, o Concello leva a iniciativa pedindo
a súa limpeza, e se non se efectúa, facéndoa el mesmo reclamando a posteriori o custe da súa actuación,
esiximos dende o Consello Comarcal que o Concello elabore un estudo de
situacións que poden supoñer un risco para a cidadanía e acometa un plan para
garantir a súa seguridade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario