Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela a educación é o
elemento fundamental para acadar unha sociedade xusta e igualitaria
Por suposto é responsabilidade da familia que as novas xeracións aprendan a
convivir e a respectar á xente, mais son as institucións educativas as que
tamén teñen que encargarse disto, posto que é unha das súas funcións é ensinar
ás novas xeracións a vivir nunha sociedade na que exista tolerancia e respecto
mutuo entre os cidadáns.
Por desgraza, non sempre existe un ambiente propicio nas institucións de
educación para levar acabo esta fin pois hoxe en día, tanto nas escolas,
institutos e universidades, existe o acoso escolar. Isto é calquera forma de
maltrato físico, verbal ou psicolóxico producido dentro dos centros de educación
de forma reiterada nun período de tempo.
Esta situación é dun gran perigo, posto que en moitos casos a vítima remata
marxinada, con problemas psicolóxicos e, en algún caso, co suicidio desta
persoa. As causas que provocan o odio de parte do estudantado cara un individuo
poden ser moi diversas, pero existe unha que se repite en todos os centros de
Galicia, do Estado e no resto do mundo: o acoso por homofobia.
Segundo datos da FELTG (Federación Estatal de Lesbianas, Transexuais e
Gais) o acoso por homofobia triplica ao causado por outros motivos, e o 43% das
persoas afectadas considera a vía do suicidio como posible saída á súa penosa
situación. Esta situación empeora en certos ámbitos poboacionais, como pode ser
o rural galego lugar de máis tradición relixiosa e vida heteropatriarcal.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno
do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro.- Que o Concello
promova levar a cabo charlas nos centros de educación de primaria e secundaria
contra a discriminación ao colectivo LGTBI e contra a LGTBIfobia, contando coa
axuda e colaboración das diferentes asociacións LGTBI e das seccións dos
partidos que se encargan deste aspecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario