O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que as medidas
tomadas polas Administracións Públicas teñen que ter como único fin o benestar
da cidadanía
Por exemplo entendemos que o uso de radares para o control de velocidade
debe de guiarse co obxectivo de evitar accidentes debidos ao rebasamento da
velocidade máxima permitida en tramos de accidentalidade probada.
Por tal motivo o Consello Comarcal de EU Compostela quere mostra-la súa
desconformidade co emprego de máis de corenta mil euros das arcas públicas
(41.052), para a instalación dun cinemómetro fixo no Túnel do Hórreo.
Desde a apertura do túnel, hai xa máis dun ano, só temos constancia
publicitada polos medios de comunicación, dun accidente ocorrido en decembro do
2012 por un vehículo presuntamente conducido polo seu sustractor. Aínda que
diferentes medicións cun cinemómetro móbil reflicten que hai conductores
imprudentes que non respectan a velocidade indicada, segundo unha recente información,
de 700 vehículos controlados, só 6 foron obxecto de denuncia, o que supón un 0,85%
dos casos
Pola contra recentemente tivemos novas na prensa debido a un estudo por
parte do RACC (Real Automóvil Club de Catalunya), polo que o tramo máis
perigoso de toda a rede viaria española radicábase no vial SC-21 que une a
N-634 desde a rotonda de acceso ao Aeroporto de Lavacolla, coa Autovía A-54
(Avda. Camilo José Cela)
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida, convencidos de que o obxecto
disuasorio dos radares debe de concentrarse en evitar accidentes, consideramos
que, de só ser posible a instalación dun cinenómetro, este debería estar onde
as estatísticas indican que é necesario para evitar accidentes
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Instar a instalación dun cinemómetro no
vial SC-21.
No hay comentarios:
Publicar un comentario