O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
CRITICA AS DIFICULTADES QUE O PP PON PARA PODER EXERCER O DEREITO
CONSTITUCIONAL A MANIFESTARSE
O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA
MANIFESTA QUE O TOTALITARISMO DE CURRÁS E O SEU EQUIPO É INADMISIBLE EN
DEMOCRACIA.
O
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela oponse a calquera medida que
teña como obxectivo dificultar, ou incluso impedir, o dereito constitucional a
manifestarse
Por
desgraza no Concello de Santiago, amén de padecer as políticas neoliberais privatizadoras
e antisociais do PP, estamos a sufrir a penitencia dun goberno local
totalitario que en menos de dous anos de desgoberno intenta evitar por todos os
medios que a cidadanía manifeste nas rúas o seu descontento.
Está
máis que acreditado, por desgraza, o intento do PP de privatización das rúas
cunha ordenanza, que tralo malestar social evidenciado pola maioría social,
tivo que ser modificada para poder permitir que asociacións, ongs, partidos e
outras organizacións poidan mobilizarse nas rúas sen ter que pasar pola caixa
do goberno de Currás.
Tampouco
se pode esquecer a actitude antidemocrática de Conde Roa, apoiado polo actual
alcalde, que publicamente censurou a actuación de Leo Bassi nun espazo público
da cidade, porque literalmente lle producía especial repugnancia.
Como
o medo á cidadanía se extende no PP, non só no eido local, neste comezo de ano,
a parte de volver a impedir a entrada das persoas aos Plenos, o alcalde Ángel
Currás coas súas medidas totalitarias evitou que Queremos Galego puxera
un palco na manifestación multitudinaria do domingo 27 de xaneiro.
Tamén
o medo ás persoas estafadas coas preferentes, como a muller de 82 anos que leu
o manifesto unitario das distintas plataformas diante da casa do presidente,
ausente en Monte Pío, fixo que o Concello esquecera, como tiña indicado, dar a
toma de luz para a megafonía, tendo que recorrer á solidariedade dun bar próximo á residencia
presidencial.
Por
se non fose suficiente isto, o concello deu a orde expresa de que os autobuses
non puidesen aparcar en Santa Isabel, polo que, despois da longa camiñata, a
negativa do concello obrigou aos milleiros de persoas que onte se manifestaron,
entre eles moitísimas persoas maiores, a realizar outro grande esforzo,
innecesario se o PP local tivese vontade democrática.
Por
todo isto, o Consello Comarcal de EU esixe que, se o PP non desexa mudar as
súas irracionais políticas, polo menos non obstaculice a democracia real que a
cidadanía desexa expresar nas rúas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario