Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela se decidiu que como
parte do traballo municipal da organización un representante do Consello
acudiría aos Plenos do Concello.
Dende novembro de 2011 esta actividade víñase realizando sen especiais
trabas por parte do Concello, pero co aumento da conflitividade social, en boa
medida polas políticas e actitudes do PP, este hábito democrático estase vende
coartado nos últimos Plenos.
Pois ao noso representante, Vicente Vázquez, no Pleno ordinario de
decembro, como a Xabier Ron e Vicente Vázquez no extraordinario de xaneiro e
novamente a Vicente Vázquez no Pleno ordinario de xaneiro, impedíuselle a
entrada por parte da policía local baixo o pretexto, sen certificación escrita
de por medio, de que o aforo do Pleno estaba completo.
Sen negar a importancia de que os medios de comunicación acudan aos Plenos,
escusa utilizada pola policía local en xaneiro para xustificar que ningunha
persoa entrara, non é admisible que a cidadanía que así o desexe teña vetada a
súa presenza.
E o que tamén consideramos inadmisible, senón ilegal, foi o ocorrido no
Pleno do mes de decembro pois o alcalde, Ángel Currás, debido á protesta das
persoas estafadas con preferentes impediu a entrada á cidadanía, tendo que,
para evitar problemas, deixar pasar a cinco persoas, ningunha máis, pois según
o seu xefe de gabinete non había máis sitio, mentira desmontada por
concelleiros asistente ao Pleno que certificaron ao noso representante, Vicente
Vázquez, que en todo momento da sesión plenaria había sitios baleiros.
Por estes motivos, e dado que representamos a unha organización política
con forte respaldo social tanto a nivel estatal, autonómico e local.
SOLICITA:
1º) Que no próximo Pleno ordinario, do 28 de febreiro, o noso
representante, Vicente Vázquez Freire, con DNI 44827095A, teña a posibilidade
de asistir como público á sesión plenaria
2º) En caso de que o aforo este completo, e debidamente notificado, se
habilite tanto para o noso representante, Vicente Vázquez Freire con DNI
44827095A, como para calquera outra persoa que o solicite, unha estancia no
Concelllo na que seguir a sesión plenaria integramente a través dunha pantalla
de televisión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario