O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera, unha vez máis,
que as Administracións Públicas deben velar pola seguridade e benestar da
cidadanía.
Desafortunadamente isto non acontece co barrio do Castiñeiriño onde,
durante o goberno bipartito, se permitiu que a rúa Virxe Branca sufrira un
grave deterioro sen acometer obra algunha de mellora, tal como denunciamos en
abril de 2011, e, agora, a incompetencia do PP ofrece outro exemplo máis da súa
nefasta xestión comezando unha obras que non se sabe cando se reanudarán, nin
cando rematarán.
Dende o Consello Comarcal de EU Compostela apoiamos totalmente as demandas
veciñais que esixen que se acometa o antes posible as obras de mellora e
acondicionamento da rúa que, neste momento, supón un grave risco para a
seguridade viaria, esixindo ao PP que, por unha vez, faga ben o seu traballo e
cumpra cos compromisos apalabrados cos veciños e veciñas.
Tamén queremos recordar a nosa moción do 1 de febreiro de 2011, na que
expoñiamos que na rúa Divina Pastora non existe ningunha beirarrúa pola que as
persoas poidan transitar, tendo que facelo ou pola mesma estrada ou pola herba
do arcén, sendo esta unha zona onde están ubicados, entre outras instalacións,
un instituto, unha gardería e un campo de fútbol que provocan que diariamente o
transito de vehículos e persoas sexa elevado.
Motivo polo cal reclamamos que se levaran a cabo as actuacións necesarias
para corrixir as deficiencias existentes na rúa Divina Pastora, e por fin sexan
realidade as necesarias beirarrúas, demanda veciñal nunca considerada polos
partidos que gobernaron até o ade agora o Concello.
Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes
preguntas para a súa resposta por escrito:
- Ten previsto o Concello acometer as obras necesarias para construír beirarrúas na rúa Divina Pastora?
- Cales son as medidas que adoptará o Concello para rematar o antes posible as obras na rúa Virxe Branca?
No hay comentarios:
Publicar un comentario