O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA A INCOHERENCIA MOSTRADA
POLO CONCELLO NO PARQUE DE FONTIÑAS ENTRE AS RÚAS BERLÍN, LISBOA E O CAMIÑO
FRANCÉS.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REITERA QUE O CONCELLO DEBE SER TRANSPARENTE
E CLARO NA INFORMACIÓN QUE DEBE DAR A CIDADANÍA.
O Consello Comarcal esixe ao Concello que faga o
seu traballo e dea as explicacións debidas respecto ao que está a acontecer no
parque situado no polígono catro das Fontiñas.
Tras unha visita en persoa dos nosos representantes
a este parque, pois nada facía pensar que estivese pechado ao público e había
veciños e veciñas paseando por el, fixemos pública unha denuncia do lamentable
estado no que se atopaba este espazo público.
Varios días despois da nosa denuncia, e despois de
novas queixas veciñais recibidas, comprobamos que varios valos indicaban que se
prohibía a entrada a este parque debido a unhas obras, que de ningún modo eran
visibles.
Tivemos que saber polos medios, pois ninguén do
equipo de goberno se puxo en contacto con nós, que María Castelao indicara que a urbanización do
polígono 4 non está terminada e, polo tanto, non foi recepcionada polo
Concello, explicando que o parque estará pechado ata que se termine a obra para
evitar accidentes.
Ante este anuncio dende o Consello Comarcal de
Esquerda Unida Compostela queremos facer as seguintes críticas á nefasta
xestión do Partido Popular.
En primeiro lugar que o pasado xullo, a
concelleira fixera público tanto para os medios como na páxina web do Concello,
que as obras de urbanización do polígono 4 das Fontiñas estarían rematadas a
principios de outono, e polo tanto estaría aberto o público 28.000 metros
cadrados de zona verde.
Até a nosa denuncia, en ningún momento o Concello
fixo público, polo menos na súa páxina web, que estas obras se retrasaban, e
polo que sabemos agora sen data de remate concreta, e en ningún momento o
Concello acometeu a labor, polo menos, de informar á veciñanza da zona sobre
está actuación que atinxe a un espazo público da cidade.
Outra mostra da ineficaz xestión, unha máis, é que
para os veciños e veciñas este parque semellaba aberto dende ese principios de
outono que anunciara a concelleira, e diariamente era utilizado, pese a que,
como anuncia agora a concelleira, como mínimo, varandas e instalacións na zona
infantil.
Por último se, como di María Castelao, o parque
non está debidamente acondicionado e pode representar un perigo para as persoas
usuarias, esiximos ou que remate as obras xa ou faga o que debe para evitar que
a xente siga utilizando este parque aínda sen rematar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario