O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA AS DEFICIENCIAS QUE
MOSTRA A MARQUESIÑA DA AVDA. DE LUGO A CARÓN DA RESIDENCIA TENIENTE GENERAL
BARROSO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU PIDE A ELABORACIÓN DUN ESTUDO SOBRE AS MARQUESIÑAS DA
CIDADE PARA CORREXIR AS POSIBLES EIVAS QUE POIDAN TER.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
reitera que o Concello debe velar por satisfacer as demandas das persoas que
utilizan o transporte público na cidade.
E máis que obvio que debido ao tempo de Santiago as
marquesiñas cumpren unha función de protección, por exemplo da choiva, que os
veciños e veciñas demandan á hora de esperar o autobús.
Mais dende o Consello Comarcal detectamos a
errónea colocación da marquesiña que está situada na Avda. de Lugo, a carón da
residencia de estudantes teniente general Barroso.
En primeiro lugar non consideramos correcta a súa
colocación porque obriga a calquera persoa que desexe utilizala a ter que
invadir obrigatoriamente o carril da estrada, por onde circulan os vehículos,
co perigo que pode conlevar.
Sendo xa grave isto, resulta que calquera usuario
con mobilidade reducida ten moi complicado, por non dicir case imposible en
algúns casos, poder utilizar esta marquesiña pois se ve obrigado a baixar
bordos elevados.
É obvio que o Concello debe buscar unha solución,
podendo ser, por exemplo, unha destas solucións a colocación dunha nova
marquesiña que permita o acceso por outro lugar que non sexa o frontal.
Tamén sería avaliable como solución factible, o de
comprobar a posibilidade de anchear a beirarrúa uns metros máis arriba de onde
está colocada esta marquesiña, aproveitando un anaco de estrada que está
debidamente sinalizado como lugar prohibido de tránsito para vehículos.
Podendo colocar debidamente neste novo tramo de
beirarrúa unha nova marquesiña de fácil acceso para todas as persoas, que non
obrigue a invadir a estrada, situando o lugar da parada do autobús ao carón
esquerdo desta nova marquesiña, sen prexudicar en ningún momento o tránsito
fluído nesta avda. da cidade.
Por último pedimos ao Concello que leve a cabo un
estudo pormenorizado das marquesiñas existente para avaliar posibles trocos
necesarios para a súa mellora, ou lugares onde a pesares de haber parada de
autobús non existe marquesiña e debería estar habilitada, como é o caso do
Hórreo diante da estación de ferrocarril e do ambulatorio médico
No hay comentarios:
Publicar un comentario