O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DEMANDA QUE SANTIAGO DEFENDA O
DEREITOS DOS ANIMAIS.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE AO CONCELLO QUE PROHIBA CALQUERA ESPECTÁCULO
QUE EXPLOTE ANIMAIS.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
reivindica os dereitos dos animais e a loita contra o seu maltrato e
explotación.
En España acontecen continuamente situacións de
explotación e malos tratos aos animais: festas crueis coma a de “Toro de la
Vega” ou as touradas, mal chamadas “cultura” polos sectores conservadores. Mais
a tortura animal non ocorre só nestes espectáculos dantescos. Os animais son maltratados a diario: abandono
de mascotas, experimentación con fins cosméticos ou explotación de animais nos
circos.
Dende o Consello Comarcal de EU Compostela
denunciamos que se permita na cidade un circo con animais. Os circos sacan os animais do seu hábitat natural, téñenos amoreados en
condicións de insalubridade e encadeados a maior parte do tempo, sométenos a
situacións de estres continuado e a maltrato físico nos adestramentos.
Segundo un estudo de Animal Defenders International (ADI)
os animais dos circos botan entre un 81-88% do seu tempo encadeados ou con
apenas mobilidade, porcentaxe que alcanza o 98% nalgunhas especies como os
cabalos e póneis.
Varias investigacións feitas por People for the Ethical
Treatment of Animals (PETA) revelaron graves maltratos físicos nos
adestramentos.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida presentou
unha moción en xullo de 2010 na que se pedía que Santiago de Compostela se
declarase cidade amiga dos animais.
Entre outras medidas, pedíase que se prohibisen as corridas de touros ou
calquera outro espectáculo que
implicase sufrimento para o animal, que non se permitise a publicidade
destes eventos na cidade e que se instase á Xunta de Galicia a prohibir estas
prácticas de tortura.
Betanzos, Cangas, Dodro, Vedra, A Pobra do
Brollón, Teo, Ares e Viveiro son vilas que xa deron o paso adiante e foron
declaradas “vilas amigas dos animais”
En España máis dun cento de municipios -entre
eles, Barcelona, Badalona, Palma de Mallorca e Puerto de la Cruz- modificaron a
súa normativa municipal para prohibir os circos con animais, co obxectivo de
procurar o seu respecto e protección.
É por iso que, unha vez máis, pedimos ao Concello
de Santiago que dea tamén o paso para axudar a acabar co sufrimento destes
animais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario