O CONSELLO COMARCAL DE
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO DO PARQUE DE FONTIÑAS ENTRE
AS RÚAS BERLÍN, LISBOA E O CAMIÑO FRANCÉS.
O CONSELLO COMARCAL DE EU
COMPOSTELA ESIXE O GOBERNO LOCAL DO PP QUE SE DEIXE DE CUESTIÓNS ESTÉTICAS E VELE
POLA SEGURIDADE.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
esixe que o goberno local do PP cumpra coa súa obrigación e vele pola
seguridade da veciñanza.
Denunciamos, tralas queixas veciñais e unha visita
en persoa de varios representantes, que o parque recentemente aberto en
Fontiñas, entre as rúas Berlín, Lisboa e o Camiño Francés, presenta graves
deficiencias de construción, mantemento e seguridade.
En primeiro lugar hai varios pasos elevados, sobre
o percorrido da auga que brota dos mananciais que dan nome o barrio, que
carecen de pasamáns co que garantir unha mínima seguridade evitando o risco de
caídas polo desnivel.
Debido a choiva, fenómeno do máis lóxico e
habitual en Santiago, tanto o camiño habilitado para os transeúntes como outras
zonas do parque, presentan surcos e grietas no seu trazado que dificultan
seriamente o camiñar das persoas.
Nunha das zonas altas do parque existe un hórreo e
casas desocupadas que a simple vista acreditan un estado lamentable e serio
risco de derrube, co conseguinte perigo para a integridade física, como o é a
zona que limita co terraplén de gran altura que se orienta cara Área Central,
no que non hai instalado ningún medio de seguridade para evitar o risco de
caída.
A todo isto, e outras cousas que se poderían
engadir, se lle une un deficiente mantemento do parque dende o estritamente de
poda e segado de herba, até farolas con cables cortados e á vista, poste
eléctrico tirado no chan, zonas que deberían ser de xogo totalmente
inutilizadas e outras cuestións.
Polo cal dende o Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela esiximos que o Concello elabore un estudo e un plan de acción
para este e todos os parques da cidade, para subsanar calquera deficiencia de
construción, seguridade ou mantemento
No hay comentarios:
Publicar un comentario