O
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que as
Administracións Públicas deben tomar medidas efectivas na loita pola
sustentanbilidade.
Por iso apostamos pola creación dunha Empresa Municipal de Enerxías Renovables que autoabasteza aos servizos municipais e promova a autoprodución de enerxías alternativas entre a veciñanza democratizado a enerxía e evitando o abuso das grandes eléctricas.
Por iso apostamos pola creación dunha Empresa Municipal de Enerxías Renovables que autoabasteza aos servizos municipais e promova a autoprodución de enerxías alternativas entre a veciñanza democratizado a enerxía e evitando o abuso das grandes eléctricas.
Como sempre consideramos necesario que para conseguir un proxecto estable,
que satisfaga as demandas de cambio de sistema produtivo que a cidadanía
demanda, e vital abrir o pertinente debate entre os diferentes sectores da
sociedade interesados en colaborar, co fin de acadar un funcionamento eficaz e
eficente.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida defendemos que esta empresa, de
titularidade e xestión pública, tería entre as súas funcións, por exemplo, encargarse
de promover a eficiencia enerxética entre veciñanza e empresas mediante
asesoramento, formación e divulgación do aforro enerxético a través a
pertinente oficina municipal encargada de coordinar e avaliar aos entes
municipais involucrados e de difundir e concienciar a cidadanía ante a crise
medioambiental e enerxética, porque non cabe dúbida que con estas medidas
asemade de reactivar a economía local, serviría de importante pulo a loita
contra o cambio climático.
Tamén creemos que debe ser a través da participación cidadá, que é a que
faría sólido este proxecto, a que determine, dadas as características da nosa
cidade que métodos de obtención de enerxía, fotovoltaica, eólica, biomasa ou
outras, os que debería primar potenciarse tanto para conseguir o primordial
obxectivo da soberanía enerxética, como o de xerar e reactivar a economía local
grazas o troco de modelo económico que suporía.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Creación Empresa Municipal de Enerxías
Renovables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario