O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
DEFENDE A LOITA POLOS DEREITOS DOS ANIMAIS COMO UNHA FUNCIÓN BÁSICA DAS
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA
MANIFESTA A NECESIDADE DE MELLORAR O REFUXIO DE BANDO, MANTENDO EN TODO MOMENTO
A XESTIÓN E TITULARIDADE PÚBLICA.
O
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, tal e como xa manifestou en
varias iniciativas, considera necesario que as administracións públicas velen
polos dereitos dos animais.
Por
desgraza no Concello de Santiago levamos tempo comprobando como unha das
medidas municipais que debía ser ferramenta fundamental para este obxectivo, o
Refuxio de animais de Bando, está envolto en polémicas que acreditan a
necesidade de mellorar a súa xestión.
O
Consello Comarcal considera que estas necesarias melloras teñen que vir dende
unha titularidade e xestión pública, nunca a través do falso dogma neoliberal
da privatización, que coa escusa da eficiencia económica oculta, entre outras
cuestións, maiores sacrificios de animais, pois o que interesa é o lucro
privado non os dereitos dos animais.
Por
suposto, mostramos a nosa preocupación pola mala xestión económica e contable
que se está a facer no Refuxio, a cal provoca a devolución de cartos e o pago
de xuros, a costa do benestar dos animais abandonados.
Dende
o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela esperamos que as verbas da
concelleira, María Castelao, sobre a busca dunha alternativa para reducir os
custos do servizo, non sexan unha escusa do goberno do PP para levar a cabo
unha nefasta e innecesaria privatización, enmascarando a pésima xestión e o
inexistente control, por parte dos órganos políticos, do que está a suceder,
dende fai anos, no Refuxio.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela ratificamos que a necesidade
real e o obxectivo, que entre todos os colectivos de defensa de animais da
cidade debese debater, é o de elaborar un plan global de actuación que acade as
solucións que o Refuxio de Bando precisa.
Por
iso reclamamos, por ser o seu labor, que o Concello de Santiago leve a cabo as
necesarias xestións para abrir unha nova etapa no Refuxio de animais de Bando,
procurando unha alternativa ética e eficiente, na que primen os dereitos dos
animais sobre os asuntos económicos, e que se fiscalice debidamente a xestión
do Refuxio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario