O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA LAMENTA A DECREPITUDE ÉTICA Á
QUE ESTÁ A SOMETER O PP AO CONCELLO.
ESQUERDA
UNIDA COMPOSTELA SOLICITA QUE O CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ ASUMA AS
SÚAS RESPONSABILIDADES E INVESTIGUE AS ACTIVIDADES DE JUAN DE LA FUENTE.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
reclama que o goberno local do Partido Popular cumpra co seu labor e investigue
debidamente os diferentes procedementos administrativos levados a cabo polo concelleiro
Juan De la Fuente
En primeiro lugar, consideramos inadmisibles e
lamentables as verbas do concelleiro Francisco Noya, expoñendo que o que
investigarán é a filtración, pero non a factura en sospeita porque a efectos
económicos non ten relevancia.
Pode ser que para Feijoó o que acontece no
Concello non sexa normal, o que é seguro é que para a maioría social da cidade
a decadencia e o desprestixio ao que esta a levar o PP a Santiago é perxudicial
ate para a mesma Democracia.
Por iso é incomprensible que o Partido Popular faga
público o seu posicionamento, ante un novo caso de posible corrupción no seu
partido e nas prácticas de goberno, a través do comunicado polo concelleiro
Noya, que argumenta que o que realmente
pode preocupar á cidadanía, e polo que ten que recabar información, é a filtración a un medio de comunicación da
factura.
En que mundo vive este concelleiro??!! Esiximos ao señor Noya que asuma as
súas responsabilidades políticas inherentes ao seu cargo e que investigue os
diferentes procedementos administrativos levados a cabo polo concelleiro Juan
de La Fuente; en caso contrario, debería renunciar ao cargo e deixar de
desprestixiar ao Concello de Santiago.
En segundo lugar, o concelleiro Juan de la Fuente está amosando unha
actitude contraria ás normas éticas que conleva o seu cargo, tal como demostrou
coa súa neglixente actuación –e posterior xustificación- na rúa Virxe Branca,
que provocou que mesmo María Pardo tivera que desautorizalo. As mañas de Juan
de la Fuente feitas públicas nestes días amosan que non merece tampouco ocupar
un lugar nas ringleiras do equipo que debe gobernar o concello.e debera, tamén,
renunciar ao seu cargo. Esiximos que dimita de forma inmediata.
Todo demostra que o equipo de goberno non é quen
de levar as rendas da administración pública máis próxima dos veciños e veciñas
compostelás. Todo isto acumúlase ao que levamos denunciando desde hai meses.
Son múltiples os indicios de malas prácticas. Precisamos hixiene democrática. A
cidadanía debe poder decidir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario