O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PRESENTA DÚAS QUEIXAS ANTE O
VALEDOR DO POBO PARA QUE SE FAGAN VALER OS NOSOS DEREITOS COMO CIDADÁNS E
REPRESENTANTES DUNHA ORGANIZACIÓN POLÍTICA.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA SOLICITA AO VALEDOR A DEFENSA DO NOSO
DEREITO COMO CIDADÁNS A ASISTIR AOS PLENOS PÚBLICOS DE SANTIAGO E A QUE AS
NOSAS PREGUNTAS DEBIDAMENTE REXISTRADAS TEÑAN RESPOSTA.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela,
ante a actitude totalitaria e antidemocrática do PP, presenta ante o Valedor do
Pobo dúas queixas contra o Concello de Santiago de Compostela.
En primeiro lugar pedimos ao Valedor do Pobo que
faga valer o noso dereito á asistencia aos Plenos públicos da cidade, pois, tal
e como argumentamos na queixa presentada, o goberno local do Partido Popular
esta a vulnerar o noso dereito debidamente recollido en diferente
regulamentación tanto local, galega ou estatal.
Tal e como expoñemos, ao noso representante
Vicente Vázquez Freire impedíuselle a entrada aos Plenos ordinarios de decembro
e xaneiro, e xunto ao coordinador comarcal e deputado de AGE, Xabier Ron, tamén
se impediu a entrada ao Pleno extraordinario de xaneiro onde o alcalde debía
explicar as súas imputacións.
En todos os casos a escusa esgrimida pola policía
local para impedir o dereito a asistir aos Plenos foi que o aforo estaba
completo, pero pese as peticións realizadas polos nosos representantes nunca se
acreditou por escrito esta orde que vulnera claramente o dereito cidadá a poder
asistir ás sesión plenarias, simplemente se utilizou a “acreditación” verbal
dunha orde, que tal como expuxeron en varias ocasións viña directamente do
alcalde.
Na segunda queixa presentada expoñemos que se
vulnera o noso dereito a estar debidamente informados, pois nesta lexislatura,
como no anterior do PSdeG e o BNG, o Concello de Santiago non responde as
preguntas, debidamente rexistradas e que versas sobre temas locais.
Por iso pedimos ao Valedor do Pobo que defensa e
faga valer o noso dereito como cidadáns e representantes dunha organización
política legalmente constituída a que o Concello responda ás preguntas que
presentamos.
Por suposto, a parte de polo necesario cumprimento
da lei e dos regulamentos, estas queixas presentadas se fan para que, como
deber democrático, se respecte o traballo dos lexítimos representantes
comarcais de Esquerda Unida, se respecte os dereitos da nosa militancia, e por
último, pero non menos importante, se respecte a confianza que a cidadanía
deposita democraticamente nesta organización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario