O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DENUNCIA O DESBALDIMENTO
CULTURAL QUE O PP ESTÁ A PROVOCAR NA CIDADE.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEFENDE UNHA CULTURA DE BASE ALONXADA DA
SINRAZÓN DA CIDADE DA CULTURA.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
sempre defendeu que o Concello debe acometer medidas que axuden a unha cultura
de base activa, alonxada de enlousamentos innecesarios.
Por desgraza, ademais da presunta corrupción que
atenaza ao Concello, o PP local está a destruír a cultura que debía fomentar,
sendo unha das súas últimas aberracións a de “conseguir” a suspensión do
festival AMAL.
Esta política destrutiva da cultura local, comezou
xa con Conde Roa, que un dos seus primeiros “éxitos” como fugaz alcalde foi
conseguir que a Sala Nasa pechara, provocando que, por exemplo, a Ultranoite,
clara mostra de calidade da cultura galega, tivera que verse na obriga de
emigrar ao Concello de Teo.
Mellor non recordar en demasía a Conde Roa e o que
publicamente expuxo para censurar a actuación de Leo Bassi nun espazo público
da cidade.
Mais non remata aquí a nefasta xestión cultural do
Partido Popular pois, como parece habitual nos equipos de goberno desta cidade,
a Sala Yago segue esquecida para a promoción de eventos culturais, esmorecendo
día a día ante a impasible mirada dos gobernantes locais, máis dexesosos,
parece, en agardar que a especulación urbanística faga uso dela antes de buscar
o beneficio que a cultura supón á cidadanía.
E a todo isto, parece ser, que de momento temos
que agradecer que as intencións mostradas de trasladar o museo Granell a CdC,
quedaron aparcadas, mais nunca se sabe o que ante a ineptitude do equipo de
goberno local do PP se pode agardar.
Por todo isto dende o Consello Comarcal de
Esquerda Unida Compostela demandamos que se abra un debate amplo co tecido
cultural da cidade e galego, para acadar un plan de actuación que revitalice a
cultura de base con propostas que a nosa cidade necesita.
Debate ao que EU se uniría coas propostas que
levaba no seu programa electoral, tales como, entre outras, a creación de
feiras de libros con periodicidade quincenal ou mensual, creación sala
municipal de cine, creación da Universidade Popular, organización de roteiros
culturais e outras moitas que se poderían seguir nomeando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario