A Área de Mocidade de Esquerda Unida en Compostela
apoia as mobilizacións contra os orzamentos da Xunta de Galicia que se levaron e levarán
a cabo onte, luns 25 de febreiro, e hoxe, día 26, e chama a toda a xuventude a
unirse á mesma.
Dende a chegada do Partido Popular ao goberno,
central e autonómico, e xa antes cos gobernos liderados polo PSOE, os servizos
públicos son constante diana dos recortes neoliberais, queréndonos referir
especialmente neste caso aos recortes nas universidades públicas da Galiza.
A USC (Universidade de Santiago de Compostela) é
unha das que máis recortes se lle están a impoñer, xa que estes recortes son
similares aos da Universidade Complutense de Madrid, coa diferenza de que a USC
ten a metade de persoal que a anterior, algo que se ven dando coa redución
continuada do persoal na universidade dende 2009.
Estes recortes, ademais de precarizar a
universidade, levan a unha elitización da mesma, posto que implican unha suba
de taxas que se está intentando ocultar, o que non permitirá acceder a moitas
rapazas e rapaces que non poden permitirse pagalas.
Outro dos dramas dos recortes na universidade
pública é o que toca á investigación que se realiza no país, potencialmente en
perigo pola constante redución de prazas e axudas á mesma, o que obriga a
moitas mozas e mozos a emigrar para poder dedicarse ao seu traballo.
A Área de Mocidade denuncia os recortes que está a
sufrir a universidade pública, que non son máis que a continuación do Plan
Boloña e o Plan da Estratexia de Universidade 2015, que buscan a privatización,
o control externo e o desmantelamento da universidade pública.
Por todo isto, chamamos á sociedade a sumarse ás
mobilizacións que se están levando a cabo nesta xornada de loita que comeza
hoxe no peche da Coordinadora en Defenda da Universidade Pública na Facultade
de Filosofía e que continuará mañá nunha concentración diante do Parlamento a
partir das 12h.
Ademais, facemos un chamamento ao conxunto de
organizacións e sindicatos para continuar coa unidade de accións de cara o futuro,
posto que a unidade fai a forzar e os ataques contra os servizos públicos e os
dereitos laborais on acaban aquí, senón que seguirán. A Área de Mocidade de
Esquerda Unida, ao igual que fai agora, tamén apoiará as futuras mobilizacións
deste carácter no vindeiro mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario