O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE SABER PORQUE ESTÁ PECHADO
AO PÚBLICO O PARQUE EN FONTIÑAS ENTRE AS RÚAS BERLÍN E LISBOA E O CAMIÑO
FRANCÉS.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA QUE O CONCELLO INFORME DEBIDAMENTE
DE TODAS AS ACTUACIÓNS QUE AFECTEN A ESPAZOS PÚBLICOS.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
considera labor básica de calquera Concello informar sobre actuacións que
afecten ao uso e disfrute de espazos públicos.
Unha vez máis, ante as protestas veciñais
recibidas, un representante do Consello Comarcal acudiu en persoa a comprobar
que o parque de Fontiñas, entre as rúas Berlín, Lisboa e o camiño Francés, está
pechado ao público por obras, que a simple vista non se observa nin operarios
nin maquinaria para facer dita obra.
Tralas denuncias de esta organización sobre o
lamentable estado do parque, estaríamos satisfeitos se estas obras se deben a
melloras necesarias a realizar neste espazo público, pero unha vez consultada a
páxina web do Concello non atopamos ningunha nova sobre que actuacións se van
levar a cabo neste parque.
Tampouco a veciñanza consultada ten información
sobre os motivos que a día de hoxe levan a ter restrinxida a entrada neste
espazo público.
Xa é mais que obvio que a investigación xudicial
que atenaza ao equipo de goberno local do PP está a afectar a súa xestión, pero
é inadmisible que por este motivo non se informe á cidadanía sobre peche de
espazos públicos.
A falta de información é tal que é imposible
coñecer, neste momento, a que obras, públicas ou privadas, se debe esta
prohibición de entrada, é imposible saber se esta prohibición é por un día,
unha semana ou máis tempo, se é un erro ou hai motivos.
Por todo isto demandamos que o Concello faga
público o motivo que leva a prohibición de entrada neste parque, detallando
debidamente cales son as obras que se van realizar ou afectan a este parque
público da cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario