O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DEFENDE O RESPECTO ENTRE
ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS POR HIXIENE DEMOCRÁTICA.
RECLAMAMOS
QUE O CONCELLO CONTESTE ÁS PREGUNTAS QUE SE LLE REALIZAN POR SER O SEU LABOR E
POR RESPECTO Á ORGANIZACIÓN POLÍTICA QUE REPRESENTAMOS E AOS VECIÑOS E VECIÑAS
QUE APOIAN O NOSO TRABALLO
O Consello Comarcal de EU esixe, como xa o fixo co
PSdeG e o BNG, que o PP conteste ás preguntas debidamente rexistradas e que
afectan a situacións concretas da nosa cidade.
Ademais dunha ocorrencia, consideramos o anuncio
recente do alcalde de facer un parque tecnolóxico no antigo aeroporto como mera
cortina de fume e pura mercadotecnia, e, por suposto, lamentamos que a nosa
pregunta sobre “que utilidades ten prevista o Concello para o antigo aeroporto”,
rexistrada o 12 de xaneiro de 2012, siga sen obter resposta.
Igualmente, denunciamos que segue sen resposta a
nosa pregunta, rexistrada o 7 de outubro de 2011, sobre que utilidade pública se
lle ía dar ao antigo hospital de Galeras ou se ía ser empregado como mero
factor de especulación urbanística.
Polo tanto, é moi factible considerar que o PP non
quere responder a nosa pregunta porque non ten ningún plan para este edificio
ou que o ten pero non quere facelo público.
O mesmo acontece coa ausencia de resposta a nosa
pregunta, rexistrada o 1 de marzo de 2012, onde requeríamos saber cal era a
intención do Concello respecto ao proxecto de vivendas públicas en aluguer en
Xoán XXII, ou coa pregunta rexistrada o 29 de outubro de 2012, onde ante a
venta pola Xunta dun piso en propiedade pública queríamos saber se o Concello a
apoiaba ou tiña previsto algunha actuación para evitar que o patrimonio público
se dilapidase en lugar de utilizalo para función sociais.
Tamén nos preguntamos que debemos entender ante o
silencio do PP antes as preguntas rexistradas o 4 de decembro de 2012, onde
queríamos saber cal ía ser a política local respecto a eliminación de barreiras
arquitectónicas nos pasos de peóns, que incumpren coa normativa de
accesibilidade, ou sobre as prazas de aparcadoiro para persoas con
discapacidade co fin de que cumpran a normativa sobre dimensión, ubicación e
sinalización.
Por último consideramos inadmisible que as nosas
preguntas sobre o recinto de Amio, 10 de outubro de 2011, e sobre o xacemento
da Rocha Forte, 6 de xaneiro de 2013, que polos medios sabemos que poderían ter
resposta sigan a ser ignoradas por completo por Ángel Currás e o seu equipo.
Repetimos, é unha falta de respecto cara aos centos de veciños e veciñas que
manifestaron o seu apoio á nosa organización amais de unha desconsideración
cara á nosa organización política.
No hay comentarios:
Publicar un comentario