O CONSELLO COMARCAL DE
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA INSISTE EN QUE SEXA O POBO QUEN DECIDA O FUTURO DO
CONCELLO DE SANTIAGO.
O CONSELLO COMARCAL DE EU
REITERA, UNHA VEZ MÁIS, QUE, POR HIXIENE DEMOCRÁTICA, O ALCALDE E DEMAIS CARGOS
IMPUTADOS DEBEN DIMITIR
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reclama a necesidade de
que sexa o pobo, a vontade popular, quen decida o futuro goberno do Concello. A
disolución da corporación local debe conlevar a convocatoria de eleccións
anticipadas.
Tendo en conta as actuacións da xustiza, vémonos na obriga de pedir a
urxente dimisión de Albino Vázquez como concelleiro de Santiago, sería
inadmisible que unha vez fixada unha fianza para a súa liberdade seguise no seu
cargo.
E insistimos en esixir a dimisión do actual
alcalde Ángel Currás, pola imputación e pola súa incapacidade para asumir
responsabilidades e facelas asumir. Non se trata de desculpas, senón de asumir
a responsabilidade política.
Igualmente, incluimos nesta petición de dimisión a
de todos os cargos imputados na actualidade no PP local: por hixiene
democrática. A cidadanía vese incapaz de confiar hoxe no equipo de goberno.
As respostas dadas por Núñez Feijóo, Paula Prado e
o propio Currás son dignas do “escapismo” e de non querer asumir as responsabilidades
políticas asociadas aos seus cargos e, tal como se di na prensa xermana, aquí
“non dimite nin Deus”. Nada do que acontece en Compostela é normal. É
escandaloso. A democracia non pode soportar ningún xesto de vulneración ética e
moral. É inxustificable e ningunha disculpa pode borrar o dano que se lle fai á
imaxe de Compostela, á democracia e á propia cidadanía.
Os partidos da oposición xa denuncian a situación
de ingobernabilidade, a mesma que nós denunciamos xa hai un mes, a mesma que é
detallada agora polos propios funcionarios e funcionarias do Concello que se
laian do desamparo e do desgoberno existente. Currás dicía que non dimitía pola
xestión, pero queda claro que de xestión nada. Están máis preocupados por
comprobar que non hai teléfonos pinchados que en gobernar. É o cumio dunha
nefasta xestión política, social e económica do goberno local do Partido
Popular que prexudica gravemente os intereses xerais dos veciños e veciñas.
Sobran argumentos para o adianto electoral. Fai
falla vontade política. Coma en todo. Por iso, porque se poden adiantar
eleccións municipais, o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
traballará para que o pobo poda decidir o seu futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario