O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA LAMENTA A FALTA DE ÉTICA E MORAL QUE REXE O (DES)GOBERNO LOCAL DO
PP, UN INSULTO PARA A VECIÑANZA
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DENUNCIA AS ACTITUDES DESPÓTICAS E A
INEPTITUDE ABSOLUTA DUN EQUIPO DE GOBERNO NON ELEXIDO POLO POBO
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela,
ante as últimas novas da sentenza do TSXG e a imputación de Reyes Leis, quere
denunciar a carencia máis absoluta de ética do actual equipo de goberno do PP
en Compostela e a lousa que representa para as arcas públicas, con claras
implicacións para a veciñanza.
A corrupción e as súas consecuencias seguen ben
instaladas no Pazo de Raxoi, onde un equipo de goberno, de raigame dedocrática,
non elixido pola veciñanza, segue hipotecando o futuro da cidade. A sentenza do
TSXG, que obriga a repoñer nos seus cargos ao secretario e interventor, implica
unha emenda á totalidade aos procedementos do PP que lonxe de respectar a
profesionalidade do persoal funcionario, optara por impoñer a súa política
clientelar. Esta circunstancia, ademais, implica un custe para as arcas
públicas que algunhas fontes cifran en máis de 500.000 euros. Trátase dun
desbaldimento inasumible de diñeiro público.
Hoxe mesmo coñecíamos que a unha concelleira
electa que segue, e que fachendeaba de non estar inmersa en ningunha causa como
imputada, Reyes Leis, vén de ser imputada por presunto tráfico de influencias.
Feito este que redunda na carencia de lexitimidade do PP para seguir gobernando
o destino dos veciños e veciñas de Compostela.
Clientelismo, prevaricación, tráfico de
influencias e un longo etcétera de presuntos delitos son o triste recordo dos
peores anos da democracia para o noso concello. Non é de menos alcance a nula
bagaxe dialogante manifestada pola hoxe imputada, Reyes Leis, que ten
demostrado a súa actitude despótica e mesmo irrespectuosa.
O goberno non electo do dedocrático Agustín
Hernández vive, ao que se ve, moi cómodo coa herdanza de corruptelas e políticas
de favores. E agardamos que detrás do cambio de uso de solo para a parcela de
Xoán XXIII non se agoche unha mostra deste tipo de políticas.
Agardemos que os anuncios do NO-DO particular en
que se converteron algúns medios de desinformación masiva non impidan á
veciñanza ver con claridade que cómpre unha radical mudanza non só da forma de
facer política, senón no fondo, isto é, que as políticas que se leven a cabo
nos vindeiro anos sexan políticas que defendan o benestar e a igualdade das
persoas por riba dos intereses espurios duns poucos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario