REPRESENTANTES
DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNENSE COA A.V. A XUNTANZA PARA A ELABORACIÓN
COLECTIVA DO PROGRAMA POLÍTICO DAS MUNICIPAIS
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DE ARTICULAR OS
MECANISMOS DE INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN, PARA QUE AS VECIÑAS E VECIÑOS SEXAN
PARTÍCIPES Á HORA DE BUSCAR SOLUCIÓNS PARA O SEU BARRIO.
Os
representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, José María
Tubío e Vicente Vázquez, mantiveron un encontro coa AV A Xuntanza, dentro do
programa de visitas ao tecido asociativo da cidade para coñecer de primeira man
as necesidades do barrio e no proceso participativo de elaboración colectiva do
programa das municipais de maio do 2015 .
Consideramos
labor prioritaria do Concello fomentar a participación da veciñanza nas
actividades que incumban ao seu barrio e establecer espazos e instrumentos para
os procesos de reclamacións e suxestións.
Dende o
Consello Comarcal de EU Compostela apoiamos a demanda dun Centro Socio Cultural
no barrio de San Pedro. É necesaria a construción dun espazo publico con salón
de actos e outras salas habilitadas para dar servizo ás diferentes actividades
do barrio. Reiteramos tamén o noso apoio á proposta de converter o CSC da
Trisca nun lugar destinado ás persoais maiores contribuíndo a que teñan unha
vida autónoma e enriquecedora.
Compartimos
que, para San Pedro e para o resto da cidade, é prioritario e urxente a
elaboración dun Plan Global de Mobilidade Sustentable económica e medio
ambiental. A realización de obras non pode ser improvisada, cómpre elaborar un
proxecto colectivo, no que se analice,
entre outros temas, o transito de vehículos da cidade.
Dende
Esquerda Unida defendemos que se poñan en marcha ferramentas de democracia
participativa para acadar, entre outros asuntos, un proxecto sustentable que
mellore a mobilidade da nosa cidade e o seu mantemento. A participación cidadá ten que ser real e
efectiva, a veciñanza ten dereito á información do que sucede na súa cidade e a
ser partícipe na toma de decisións. Por iso apoiamos que as distintas AVV dispoñan dunha persoa que as
represente nas comisións do Plan Especial. O sucedido coa Casa de Xuventude é a
mostra de que o actual goberno municipal nin informa, nin establece mecanismos
para a participación das veciñas e veciños.
Hoxe máis
que nunca é necesario mudar drasticamente os mecanismos de participación que
rexen no noso concello. A Democracia é
moito máis que acudir a votar cada catro anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario