martes, 15 de marzo de 2016

O Consello Políticio Comarcal de EU Compostela súmase á concentración en defensa dos dereitos humáns das persoas refuxiadas e reitera a súa firme oposición ao acordo da ue-turquía que terán lugar o día 16/3/16 as 20:00h na praza do toural de compostela


Compostela, 15 de marzo de 2016. Esquerda Unida Compostela súmase, xunto a outros partidos políticos e organizacións sociais e sindicais, á concentración en  rexeitamento do acordo entre a Unión Europea e Turquía sobre os refuxiados que terán lugar mañá mércores 16 de marzo en Compostela na praza do Toural ás 20:00h dentro das movilizacións a nivel de todo o estado.  

Así mesmo firma e apoia o manifesto que se redactou nesta convocatoria e que se leerá no acto da concentración, no que por parte das organizacións asinantes denunciamos o trato que fai a Unión Europea contra as persoas refuxiadas tratándoas como moeda de cambio, denunciamos o preacordo asinado entre a Unión Europea e Turquía e a crise de valores que supón a firma de dito acordo que vai en contra dos principios fundacionais da mesma Unión Europea.
O preacordo asinado basease en que a Unión Europea pagará uns 6.000 millóns de euros até 2018 para que as persoas refuxiadas sexan devoltas a Turquía e aloxadas en campamentos, no lugar de asumir a responsabilidade de levar adiante medidas que resolvan a súa dramática situación e que pasen por unha reubicación permanente que garanta o seu asentamento en condicións de seguridade.

Este acto vergoñento xa foi denunciado en diferentes ocasións dende Esquerda Unida e vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado. Deste modo, dende diferentes partidos políticos e organizacións sociais e sindicais instamos ao Goberno español a non apoiar devandito acordo e a esixir medidas urxentes ante esta crise humanitaria.




Consello Comarcal de EU Compostela

No hay comentarios: