Para Esquerda Unida é altamente revelador que a Oficina abra só de luns a xoves (será que o resto da clase traballadora nos libraremos de traballar os venres?), e que o faga nun horario de 9h a 14h, isto é, só de mañá.
A poboación emigrante e inmigrante require unha maior flexibilidade nos horarios, xa que, en moitas ocasións, non será ata a tarde cando podan ter algo de tempo libre para achegarse a unha Oficina para realizar xestións administrativas. E iso, nos mellores casos. Lembremos que as condicións de traballo actuais non son, desde logo, benevolentes para coa posibilidade de ausentarse sequera por un número de horas reducido.
Polo tanto, desde Esquerda Unida reclamamos que o horario de atención ao público se amplie ao venres e que abra, cando menos, entre as 16h e as 20h.
E se a desculpa esgrimida será a falta de persoal, cómpre facer entón un esforzo en contratación de persoal cualificado para a realización das tarefas. Por suposto, nunhas condicións salariais dignas e mediante un procedemento contractual público e transparente. E que non digan que non hai capacidade económica, xa que, no momento de establecer os Orzamentos 2007, os “xestores” do Concello vanagloriábanse de ter 4 millóns de euros de superávit. Pero, aínda máis, citaríamoslle a morea de cartos que se están dedicando á redacción de proxectos técnicos encargados ou entregados (campo de golf en Bando) a entidades privadas, negando as propias capacidades do persoal técnico do Concello.
Consello Comarcal de Esquerda Unida
1 comentario:
Me parece muy bien que los de Esquerda Unida critiquen el horario de atención al público de la Oficina de Emigración e Inmigración del consejo de Santiago, así como también critican otros temas como el trato que se les da a las mujeres que la policía coge en las redadas en los Clubs de Alterne... pobres mujeres, trabajan toda la noche y luego tienen que madrugar para que las atiendan de mala manera, bueno, eso las que están legales, porque a las que cogen en situación irregular no las dejan ni hacer las maletas, las deportan con lo puesto....indignante, como es tambien indignate la doble moral que existe en torno a este tema, el de la prostitución.
Tendrían que cambiar el horario de atención, como no.
Publicar un comentario