EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A recuperación da vella vía de tren que vai de Santiago a Coruña constitúe unha oportunidade única, que non se pode deixar escapar, dado que con poucos investimentos conséguese ofrecer á cidadanía en xeral, e aos amantes do deporte e da natureza en particular, un espazo único para o desenvolvemento dun ocio non alienante, alternativo ás prácticas actuais.
O treito en cuestión transcorre por unha das zonas máis virxes do concello de Santiago, cun alto valor paisaxístico e cunha lonxitude aproximada de 12 quilómetros. Vai desde Amio ata Sigüeiro, pasando pola Sionlla e por Verdía. Dito treito cruza o val do río Tambre e o do río Sionlla, destacando unha ponte sobre este último río.
A recuperación deste espazo permitiría, non só ofrecer un marco incomparable para a cidadanía compostelá, senón que permitiría á administración local ampliar a oferta turística da nosa Cidade dando a coñecer unha mostra do noso turismo verde. Ao mesmo tempo, serviría como revitalizante destas localidades do rural compostelán, poñendo en valor os seus trazos paisaxísticos e medioambientais.
Trátase dunha actuación merecente de todos os esforzos da cidade, polo que deberá contarse para a súa execución coa participación do tecido asociativo (asociación de deporte, de sendeirismo, de bicicleta, etc.) e, igualmente, artellar os mecanismos de axudas tanto autonómicas como europeas.
A actuación prevista permitirá que en dita vía se podan realizar diversas actividades relacionadas coa práctica deportiva: disfrutar dun paseo san, libre de riscos circulatorios; practicar o atletismo; facer patinaxe; andar en bici, etc.
Ao mesmo tempo, permitiranos recuperar a vella estación de Ferrocarril dispoñendo no seu espazo algún local de lecer (bar, museo...) para as persoas que opten por esta alternativa saudable.
En base ao anterior proponse ao Pleno do Concello de Santiago que adopte os seguintes:
ACORDOS
- Realizar as xestións oportunas ao pé das administracións competentes para recuperar o treito que transcorre entre Amio e Sigüeiro.
- Facer partícipe ao tecido asociativo na conformación do futuro espazo de lecer.
- Solicitar canta axuda sexa pertinente a nivel autonómico, estatal e europeo.
- Crearase nos 12 quilómetros de percorrido unha zona multifuncional de lecer e paseo familiar. A tales efectos, dispoñerase un firme axeitado para que poda ser empregado tamén por persoas que se desprazan en cadeira de rodas. O lecer debe integrar a toda a cidadanía.
- Crearase un acceso desde Amio e outro desde Sigüeiro, ademais das principais (para o acceso a persoas con discapacidade) desde as estacións da Sionlla e de Verdía.
- Habilitarase unha iluminación suficiente por cuestións de seguridade nos túneis, alimentada por paneis solares.
- Situarase o mobiliario preciso e necesario para dotar a Vía Verde: papeleiras, bancos, lugares de quencemento muscular, ...
- Colocar de forma estratéxica paneis informativos sobre a historia das zonas de paso.
- Dispoñer dunha estrutura fixa de seguridade na ponte sobre o río Sionlla.
- Outras accións que sexan pertinentes para converter esta Vía Verde nunha excelente plataforma de saúde e benestar para Compostela e municipios veciños.
2 comentarios:
es una idea estupenda. que los aficionados a la bici no tengamos ni carril ni ninguna via verde cerca ( creo que en galicia no hay ninguna a excepción de la del Eo), clama al cielo.
si no es mucho pedir, estaría bien que nos mantivierais informados de lo qeu vaya pasando.
Moi boas bandini
descoida, que procuraremos divulgar e informar desta iniciativa -calada nos principais medios locais-, xa que entendemos que representa unha necesidade non só para Compostela senón que, como ben afirmas no teu comentario, sería un atractivo máis para as persoas que veñan coñecernos.
Un saúdo
Publicar un comentario