Comunicado remitido por Manuel Dios, do Seminario Galego de Educación para a Paz:
Con satisfacción debemos anunciar que hoxe chegamos a un acordo tódalas plataformas e organizacións convocantes de accións en solidariedade co pobo palestino en Galicia. Así, tanto as mobilizacións deste Sábado, día 10, nas distintas cidades e vilas de Galicia, como a Manifestación Nacional do Domingo, día 18, ás 12:00 horas, desde a Alameda de Compostela e ata a Quintana, contan co respaldo das organizacións que figuran en baixo, así como a de tódalas organizacións que asinan o Manifesto anexo.
Achégase o borrador do Manifesto que será leído no remate da Manifestación do Domingo en Compostela para que cada quen faga as aportacións oportunas antes do Martes, día 13 ás 20:00 horas.
Na reunión estiveron presentes: Esculca, Fundación Araguaney, Seminario Galego de Educación para a Paz, CNT, Marcha Mundial das Mulheres, Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza, Foro de Inmigración, Coordinadora de Crentes Galegos, Fundación Galiza Sempre, BNG, CC:OO de Galicia, UGT de Galicia, e Galiza por Palestina.
O lema da Manifestación será "Galiza con Palestina. Non ao masacre", en galego e árabe, e será portada exclusivamente por palestinas e palestinos. O resto das organizacións e entidades irán á continuación coas súas propias pancartas si así o desexan.
O xoves, día 15, ás 18:00 horas, haberá unha nova reunión nos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz, para concretar e ultimar os aspectos técnicos.
Confiando en que podades dar a máxima difusión ós acordos, recibide un saúdo cordial.
Atentamente,
Manuel Dios Diz
Seminario Galego de Educación para a Paz
No hay comentarios:
Publicar un comentario