O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DE MUDAR O
MODELO COMERCIAL DE SANTIAGO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA MANIFESTA A SÚA OPOSICIÓN Á CONSTRUCIÓN DE
NOVAS SUPERFICIES COMERCIAIS NA CIDADE.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
ratifícase na necesidade de potenciar o pequeno comercio local e os circuítos
curtos de distribución de produtos de proximidade.
É necesario mudar o sistema actual de distribución,
que prima grandes superficies comerciais en mans de moi poucas multinacionais que,
ademais, baixo o pretexto da desexada competitividade en prezos, levan a cabo
políticas salariais e de horarios laborais gravemente lexivos para a clase
traballadora.
Desde o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela, que manifestou a súa oposición á construción de novos centros
comerciais, ante a inevitable apertura do centro comercial das Cancelas,
consideramos que debe ser o último que se faga na cidade, e reclamamos ao
equipo de goberno do PP que elabore un plan global en defensa do pequeno
comercio local que revitalice aos barrios da cidade.
Queremos facer fincapé tamén nos argumentos falaces
esgrimidos para a defensa da apertura deste centro comercial, tal como o
baseado no suposto e inxente número de novos postos de traballo que se crearían,
sen que se investiguen, en ningún momento, as condicións laborais
dos mesmos.
Consideramos falaz este argumento pois, en moitos
casos, simplemente supoñen o traslado de traballadores e traballadoras dun
lugar a outro da cidade. Para mostra o traslado dos cines de Área Central ás
Cancelas, onde previsiblemente semella que se vai trasladar o persoal de
Fontiñas ao novo centro comercial, sen que represente creación de novos postos
de traballo; o mesmo ocorre cos traballadores e traballadoras das tendas dunha
multinacional textil que pecha as súas portas en Área Central para o seu
traslado ás Cancelas.
Tamén é lamentable a argumentación esgrimida sobre
a posibilidade de ocio que suporá para os veciños e veciñas este novo centro
comercial, cando, pola actitude belixerante do PP contra a cultura, a cidadanía
perdeu a opción de lecer formativo que supoñía a Sala Nasa, ou como a
inoperancia do PP aínda mantén a día de hoxe pechada a Sala Yago.
Non esquezamos tampouco que este tipo de
superficies comerciais, amais de seren perxudiciais para o pequeno comercio e
as normas laborais, conlevan un significativo incremento de tráfico privado e,
polo tanto, o aumento de contaminación tanto atmosférica como acústica que terá
que soportar a veciñanza .
Por todo isto, dende o Consello Comarcal de
Esquerda Unida Compostela esiximos unha transformación total das políticas
sobre a forma de entender o comercio na cidade que os distintos gobernos locais
levaron a cabo, e propoñemos un novo modelo que priorice dende a Praza de
Abastos até o pequeno comercio de barrio, promovendo canles curtas de
distribución e beneficiando as redes comerciais de proximidade.
2 comentarios:
Que absurdo lo que comentáis, en As Cancelas han abierto muchas tiendas y claro que han creado puestos de trabajo, creo que os dedicáis a criticar un centro comercial que aparte de ser necesario no creo que compartan vuestra opinión pues están trabajando gracias a ese centro. No todas las tiendas han cerrado en Área Central y se han ido a As Cancelas ( que por cierto Área Central os reviendo también es un c.cial) pero bueno os ha dado por ir en contra de As Cancelas.
En fin gastar energías en otras cosas, y que vivan los centros comerciales.
En primeiro lugar grazas polo teu comentario, que por suposto non consideramos absurdo.
Non compartimos a valoración que fas, sobre todo no tocante á creación de emprego, pois como dicimos no comunicado hai claros exemplo de que non crean emprego ningún so trasladan xente dun lugar a outro da cidade.
No tocante a este mesmo tema, para nós non se trata de crear emprego por crealo, para nos son moi importantes as condicións do mesmo, tales como, salario, horarios...
Non apoiaremos medidas que fomente a neoescravitude que nos queren impoñer, non nos vale o argumento mellor ter traballo que nada, ahí non hai futuro, hai retorno a unha longa noite de pedra que non permitiremos que regrese.
Un saúdo.
Publicar un comentario