O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA ESIXE QUE ÁNGEL CÚRRAS ABANDONE INMEDIATAMENTE O SEU CARGO DE
CONCELLEIRO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CULPA AO INCOMPETENTE NÚÑEZ FEIJOO DO QUE
ACONTECE NA CIDADE.
O Consello Comarcal de EU Compostela, tras agardar
a ver cal era a “solución” do Partido Popular para o Concello, considera que o
futuro equipo de (des)goberno local é un insulto á cidadanía, carece de toda
lexitimidade e rouba as veciñas e veciños o dereito a decidir democraticamente
o futuro que desexa para a cidade
En primeiro lugar é inadmisible que o individuo
Ángel Currás siga mancillando coa súa presenza a Administración Local,
inmediatamente ten que deixar de ser concelleiro. Se a súa carencia da máis
mínima decencia o aferra ao cargo que ostenta, o Partido Popular debe tomar
medidas. Se non consigue que abandone o Concello debe expulsalo do grupo
municipal do PP e desterralo ao grupo mixto. Pode ser que para o Partido
Popular sexa lóxico que unha persoa dimita de alcalde e siga de concelleiro, ou
que, como Paula Prado, dimita de voceira pero siga de deputada, pero para a
maioría social, que si ten principios, é un comportamento deleznable e egocéntrico.
Polos designios do Partido Popular, non da vontade
democrática da cidadanía expresada nas urnas, o futuro alcalde de Santiago será
Agustín Hernández. Supoñemos que o seu turbio pasado xudicial foi un aval para
que Núñez Feijoo o escollera a dedo para ser o rexedor local, ten que estar a
altura do execrable nivel ético e moral que o PP local leva demostrando estes tres
anos. Do que si estamos seguros e que o futuro equipo de goberno local que
lidere este individuo carece de toda lexitimidade para levar a cabo as medidas
que esta cidade precisa. Esiximos deste futuro (des)goberno local que non
hipoteque aínda máis a futura corporación local, realmente democrática, e que
simplemente cumpra cos requirimentos técnicos que o Concello precise para
prexudicar o mínimo imprescindible ás veciñas e veciños.
Un dos principais culpables da situación que
padece Santiago é o incompetente Núñez Feijoo. A súa covardía é cómplice de que
Santiago esmoreza entre a fedenta corrupción que emana do Pazo de Raxoi. Hai
que recordarlle a este personaxe que a longa noite de pedra da ditadura
fascista de Franco rematou, e a dedocracia que mostra o señor Feijoo non ten o seu
lugar entre a maioría social que reclama unha Democracia real, non o paripé que
tanto lles parece gustar aos partidos do Réxime. Por suposto non é lexítimo,
pero como é posible que sexa legal que unha cidade vaia ser (des)gobernada por
persoas que non foron votadas nunha lista electoral. Esta e a súa Democracia,
non a nosa.
Por suposto tamén é máis que criticable a
pasividade do PSdeG ante o que acontece neste Concello. ¿é posible que
realmente exista ese pacto de silencio entre PP e PSdeG, para que uns non sexan
moi efusivos na súa oposición en Santiago, mentres que os outros tamén estean
bastante caladiños co que acontece en Ourense ou Lugo?. Polo motivo que sexa
como é posible que o partido que lidera o señor Paco Reyes, nunca estivera a
favor de que a Democracia fora a solución para esta cidade. Como é posible tan
nefasta e débil oposición a semellante ineptitude do PP. Realmente parece que
aos partidos do Réxime o único que lles interesa é que no pastel que para eles
é a democracia, o seu anaco sexa o máis grande posible. Pouco importa o benestar
da cidadanía se agardando un ano máis é posible acadar máis réditos electorais.
Onde está a Democracia?
Para o Consello Comarcal de EU Compostela é
necesario avanzar na Democracia, que non pode ser simplemente votar cada catro
anos, e por riba se ao PP e o PSdeG lles interesa que ese voto non valga para
nada e os concelleiros e concelleiras sexan designados por un dedo non pola
vontade popular. Hoxe máis que nunca os Concellos deben ser a vangarda no
avance dunha Democracia real. É obrigatorio que a próxima corporación
municipal, entre outra moitas medidas, faga realidade a Democracia
Participativa e os Orzamentos Participativos
No hay comentarios:
Publicar un comentario