O pasado dia 11 de
Xuño, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha Proposición non de
Lei na que se resolve que "O Parlamento de Galicia insta á Xunta de
Galicia a levar a cabo as medidas necesarias para evitar que ningún neno ou
nena careza de alimentación ou sustento necesario por estar en situación de
vulnerabilidade, poñéndose en marcha convenios cos concellos interesados,
podéndose usar as instalacións dos centros educativos en colaboración cos
servizos públicos de benestar" .
O curso escolar,
nos seus niveis obrigatorios, remata o dia 20 de xuño e moitas familias galegas
non saben como poder garantir unha axeitada alimentación para os seus fillos e
fillas nos dous meses non lectivos, diante da grave situación socioeconómica pola
que están a atravesar.
Segundo os datos
oficiais, en Galicia hai 93.000 familias con todos os seus membros en paro, o
23% da poboación atópase en situación de pobreza, 33.000 familias sobreviven
sen ningún tipo de ingreso e un 26% dos fogares con menores a cargo están en
risco de exclusión social.
Un de cada catro
menores de dezaseis anos vive por debaixo do umbral da pobreza no noso pais
segundo o Instituto Nacional de Estatística, na mesma liña en que se teñen
manifestado organizacións como UNICEF, Cáritas e Cruz Vermella.
O profesorado
galego, ó igual que os representantes das asociacións de nais e pais, relatan a
existencia dun número importante de sinais de alarma sobre a situación que
atravesan moitos fogares galegos: nenos e nenas que acoden ó colexio sen
almorzar, episodios de mareos e mesmo desmaios entre o alumnado durante a
xornada escolar, rapaces que comen de xeito compulsivo no comedor escolar,
repetindo varias veces o menú do dia e deixando o prato tan limpo que se
podería aforrar o lavalouzas, baixada inxustificada no rendemento académico
etc, síntomas todos eles evidentes de que a pobreza infantil está a deixar xa
unha fonda pegada na vida de moitos nenos e nenas de Galicia.
Diante destas e
doutras situacións, mesmo a Defensora del Pueblo, dona Soledad Becerril,
solicitou a pasada semana a todas as Consellerías de Presidencia das
Comunidades Autónomas que os comedores escolares atendan este verán ós menores
en situación de vulnerabilidade.
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. O Pleno do Concello de Santiago de
Compostela insta ao Goberno da Xunta de Galicia a poñer en marcha os mecanismos
necesarios para ofrecer o servizo de comedor durante as vacacións nos centros
educativos precisos na cidade e dar así cumprimento ó acordo plenario unánime
acadado no Parlamento de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario