Para o Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela, como se demostra nas distintas propostas
elevadas ao Pleno do Concello, os servizos sociais son un dereito fundamental
das veciñas e veciños.
Por suposto todas
as Administracións Públicas teñen que velar por garantir servizos sociais
públicos que busquen o beneficio da maioría social. Pero o Concello, ao ser a
administración máis próxima á cidadanía, ten a posibilidade dun contacto
directo para coñecer a realidade, e de maneira directa, ou elevando-esixindo a
Administración Pública competente, cumprir coa súa obriga para que na cidade
existan solucións ás demandas das veciñas e veciños.
Unha vez máis
queremos remarcar que os servizos socias non son un servizo asistencialista de
carácter caritativo, son un piar esencial para desenvolver as políticas de
igualdade de oportunidades entre as persoas.
Temos máis que
claro que ten que ser a cidadanía, grazas a Democracia Participativa que tantas
veces demandamos, a que activamente colabore para acadar os servizos socias que
sexan necesaria para a cidade. Por iso, por exemplo, creemos necesario a creación,
desde este enfoque da Democracia Participativa, do Consello Municipal de
Políticas de Igualdade de Oportunidades, contando coa participación activa das
distintas organizacións e asociacións da cidades expertas nesta materia e
coñecedoras da realidade da cidade.
Complementariamente
creemos necesario a creación dunha Concellería de Inclusión Social, á que hai
que dotar de recursos humanos e materiais. Descentralizando algunhas Unidades
de Atención Social para que o rural reciba unha debida cobertura de forma
continúa.
Como última medida
que propoñemos para a defensa e fortalecemento dos servizos sociais demandamos,
como órgano de control da acción do Concello, a creación dunha Oficina de
Dereitos Sociais, constituída por unha especie de Valedor do Pobo Local e por
persoal especializado.
Cada ano, esta
Oficina elaborará unha memoria onde analice a evolución das políticas sociais e
as súas eivas en base ás propias denuncias, suxestións e demandas presentadas.
As súas conclusións deberían ser sometidas, se se implanta a necesaria
Democracia Participativa, a consulta nas Asembleas de Barrio e nas Asembleas
Sectoriais e as deliberacións finais adquirirán carácter vinculante para o
Concello
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Que, tralo pertinente debate e
participación cidadá dende movementos sociais, organización ou asociacións ata
incluso persoas a título individual, se constitúa o Consello Municipal de
Políticas de Igualdade de Oportunidades.
Segundo. Que se cree, debidamente dotada,
a Concellería de Inclusión Social
Terceiro. Que, cos mecanismo de Democracia
Participativa necesarios, se cree a Oficina de Dereitos Sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario