Para a Área de Mulleres de Esquerda Unida
Compostela Nos tempos que corren de retroceso en dereitos e liberdades, desde o
feminismo seguimos loitando, para que o avance na igualdade real entre homes e
mulleres non siga sendo unha quimera, e pase a ser un referente central de
loita en todas e cada unha das nosas accións políticas.
Ante a ameaza de regresión continua e permanente
no noso dereito a decidir libremente sobre a nosa maternidade; ante a ausencia
de políticas efectivas contra Violencia de Xénero; ou ante a discriminación e
explotación laboral e salarial das mulleres; o noso posicionamento é: impregnar
a nosa axenda política e social, dun profundo contido feminista..